spot_img
InicioVal MiñorNigránUnha senda peonil a través do CEIP Humberto Juanes achegará a nova...

Unha senda peonil a través do CEIP Humberto Juanes achegará a nova Biblioteca Municipal de Nigrán con todo o centro urbano

A actuación completarase coa adecuación dun terreo municipal actualmente en desuso 500 m2 a carón da Estrada pola Vía (onde remata este novo carreiro) para crear un pequieno aparcamento. Paralelamente, a senda dará continuidade á beirarrúa que o goberno local habilitou hai anos desde a praza do Concello ata o centro educativo, seguindo así os criterios das ‘Cidades Amigas da Infancia’ para dotar ás crianzas de camiños escolares seguros.Comunica a rúa Curros Enríquez desde a entrada do colexio ata o paso de peóns da porta de entrada á Biblioteca, evitando o actual rodeo pola rúa Rosalía de Castro. A actuación complétase cunha nova zona de acceso ao centro ao carón de Estrada pola Vía e un apequeno aparcamento

 

O Concello de Nigrán está a construír unha senda peonil a través do CEIP Humberto Juanes que evitará á veciñanza dar o actual rodeo pola rúa Rosalía de Castro para achegarse a pé á nova Biblioteca ou a súa contorna. O novo atallo comunica Curros Enríquez (entrada ao colexio) con Estrada pola Vía reducindo a distancia total nun 20% (uns 500 metros). Deste xeito, o alumnado do centro educativo só terá que cruzar o paso de peóns de Estrada pola Vía (altura do número 120) para estar na porta de acceso á Biblioteca. O camiño, realizado por operarios municipais, é posible grazas á cesión do centro en favor de toda a cidadanía, tendo o mesmo un ancho de 3 metros e afectando só a o perímetro do lado Noroeste.

 

A actuación completarase coa adecuación dun terreo municipal actualmente en desuso 500 m2 a carón da Estrada pola Vía (onde remata este novo carreiro) para crear un pequieno aparcamento. Paralelamente, a senda dará continuidade á beirarrúa que o goberno local habilitou hai anos desde a praza do Concello ata o centro educativo, seguindo así os criterios das ‘Cidades Amigas da Infancia’ para dotar ás crianzas de camiños escolares seguros.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.