·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaVigoCinco mulleres viaxarán en barco ao Círculo Polar Ártico contra o cancro...

Cinco mulleres viaxarán en barco ao Círculo Polar Ártico contra o cancro de mama

Cinco mulleres viaxarán en barco ao Círculo Polar Ártico contra o cancro de mama
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese cos participantes da 7ª expedición ao Círculo Polar Ártico, no Real Club Náutico de Vigo

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez feijóo, reuniuse coas participantes da 7ª expedición ao Círculo Polar Ártico, que ten como obxectivo sensibilizar á sociedade da importancia na prevención do cancro a través do cribado, a alimentación e o deporte.

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reiterou o compromiso da Xunta na loita contra o cancro e a aposta pola prevención e detección precoz. Fíxoo durante un encontro coas 5 participantes da 7ª expedición ao Círculo Polar Ártico, dentro do programa Reto Pelayo Vida Polar 2021; unha iniciativa que pretende dar visibilidade ao cancro, sensibilizar á sociedade e concienciar sobre a importancia da práctica de deporte.

Sobre este punto, Feijóo lembrou algunhas das medidas postas en marcha en Galicia nos últimos anos como os programas poboacionais de cribados de cancro de mama, cérvix e e colorrectal, a implantación das vías rápidas, o decreto de garantías de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias, a colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para a implantación do primeiro centro de produción de medicamentos CAR-T da Comunidade ou a candidatura aos Fondos Next Generation da creación dun centro de protonoterapia, entre outras.

Ademais, puxo en valor que en 2020 a pesar da situación derivada da pandemia e da detención das mamografías entre marzo e maio, rematáronse as avaliacións de todas as mulleres que, resultando positivas, necesitaron completar o estudo mamográfico.

Cinco mulleres viaxarán en barco ao Círculo Polar Ártico contra o cancro de mama

Finalmente, o presidente da Xunta aproveitou a toma de contacto para amosarlles a súa admiración e desexarlles unha boa travesía ante a inminente partida da expedición este venres desde o porto de Vigo cara a Groenlandia.

AS CINCO PROTAGONISTAS DA 7ª EDICIÓN

Estas 5 mulleres poñen rostro aos millóns de mulleres que padeceron esta enfermidade ao longo da súa vida: Ana Fresno, de Valencia, cazatalentos, 38 anos; Susana Ruiz, de Málaga, 46 anos e técnica de xestión da Administración Xeral do Estado; e Natalia Cano, madrileña, enfermeira de 47 anos; Ana Álvaro, de Madrid, xerente financeira de 49 anos; Lourdes Arana, de Pamplona, adestradora deportiva de 55 anos;

As compoñentes da expedición superaron un cancro de mama e tratarán de alcanzar o mítico Paralelo 66 Norte en barco.

Estas cinco mulleres forman parte da expedición que sairá do Porto de Vigo mañá venres, día 10 de setembro, ás 12.00 h., rumbo ao Círculo Polar Ártico en barco, co obxectivo de sensibilizar á sociedade da importancia na prevención do cancro a través do cribado, a alimentación e o deporte. Para iso, estas cinco valentes navegarán ao redor de 2.500 millas náuticas que as separa desde o Porto de Vigo ao Círculo Polar Ártico, o famoso paralelo 66 Norte, fronteira entre o océano Atlántico e o océano Ártico. Rodeadas de xeo, icebergs e glaciares, deberán navegar a temperaturas baixo cero, en augas extremas e sen ningún tipo de asistencia exterior. Unha proba de resistencia para cinco mulleres que demostraron que si era posible superar unha enfermidade como o cancro e que si será posible percorrer esta distancia nunha paraxe espectacular, pero, á vez, moi agresivo debido ás súas temperaturas extremas.

A expedición foi organizada no marco do Reto Pelayo Vida. Trátase da 7ª edición do Reto, que este ano leva por nome “66 Norte”. Trátase do maior proxecto deportivo de sensibilización na prevención do cancro da muller que existe a nivel internacional.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies