·Publicidade ·spot_img
InicioO MorrazoBueuO FICBUEU camiña cara a normalidade cun amplo programa de filmes e...

O FICBUEU camiña cara a normalidade cun amplo programa de filmes e actividades na 14ª edición

O FICBUEU camiña cara a normalidade cun amplo programa de filmes e actividades na 14ª ediciónO Centro Social do Mar acolleu a presentación da XIV edición do FICBUEU, que proxectará 128 filmes de máis de 30 países do 10 ao 19 de setembro

A sétima arte volverá a converter o Centro Social do Mar de Bueu nun espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto coa celebración da XIV edición do Festival Internacional de Curtametraxes FICBUEU que se celebrará do 10 ao 19 de setembro.

O 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (Pontevedra) ofrecerá entre o 10 e o 19 de setembro máis de cen filmes e ducias de actividades complementarias, retomando boa parte da programación previa á pandemia pero mantendo ao mesmo tempo as medidas de prevención fronte a Covid-19. Así se puxo de relevo na rolda de prensa que brindaron tanto representantes da organización como do Concello de Bueu, da Deputación de Pontevedra e da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, principais institucións cofinanciadoras do certame.

O festival comezará coa exhibición de “Un blues para Therán”, de Javier Tolentino, e tras este pase haberá proxeccións durante dez días nas que se amosarán ao público un total de 128 filmes chegados de máis de 30 países e artellados en nove seccións cinematográficas. Neste senso, compre destacar que o número de curtas recibidas foi moi similar a de anos anteriores, o que demostra que a pandemia non puido gañarlle o pulso á cultura. “Sole”, a opera prima de Carlo Sironi, será a peza que pechará esta nova edición do FICBUEU, que un ano máis volve a caracterizarse pola heteroxeneidade das súas proxeccións, coas que realiza unha gran fotografía panorámica do que está a suceder no mundo das curtas a nivel internacional. Este encontro conta ademais cun marcado compromiso coa igualdade que nesta edición exhibe o maior número de cintas dirixas por mulleres dende a súa creación. Neste senso tamén será escenario da campaña provincial “Lembra, eu decido, ti respectas”, coa que a Deputación denuncia o acaso e a violencia machista.

O FICBUEU camiña cara a normalidade cun amplo programa de filmes e actividades na 14ª edición
O director da Agadic, Jacobo Sutil; a deputada de Cultura, Victoria Alonso; Marta Rúiz, xefa de produción do certame e o alcalde de Bueu, Félix Juncal

O FICBUEU non é só un espazo de exhibición de curtametraxes, é un gran encontro ao redor deste formato cinematográfico que nesta nova edición ven cargado de novidades. Entre elas atópase a celebración dun “Faladoiro” tras as proxeccións da Sección Internacional, este encontro estará dinamizado por unha das persoas do equipo do festival e substituirá aos xa tradicionais debates con directores estranxeiros que este ano no poden levarse a cabo por mor das actuais restricións para viaxar. O FICBUEU tamén retomará a realización de radio en vivo coa emisión en directo do programa “Carne Cruda” e ao Centro Social do Mar volverán algunhas seccións como ”Panorama” ou  “Retrospectiva”, que este ano se centra nas obras do National FIlm Board of Canada. Ademais entre as novidades tamén destaca unha mesa online na que se abordará o financiamento dos festivais.

Este encontro cinematográfico tamén inclúe charlas (que este ano abordarán temáticas como cartelería cinematográfica, stop motion ou webseries), obradoiros (que nesta edición xirarán en torno ao guión e á planificación da rodaxe), a publicación dos Cadernos FICBUEU, actividades que amosarán Bueu dende un punto de vista cultura, natural e gastronómico ou o MINIFIC, con proxeccións reservadas para o alumnado da contorna.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies