spot_img
InicioVal MiñorNigránUnha réplica da árbore de Nadal de Loterías e Apostas do Estado...

Unha réplica da árbore de Nadal de Loterías e Apostas do Estado ilumina o concello de Nigrán

loterias-e-apostas-do-estado-inaugurou-nadal-estreando-unha-fermosa-arbore-no-municipio-pontevedres-nigran
Veciños de Chandebrito acudiron ao aceso da árbore

Loterías e Apostas do Estado inaugurou o nadal estreando unha fermosa árbore no municipio pontevedrés de Nigrán, un dos pobos máis afectados polos incendios que arrasaron Galicia o pasado mes de outubro, onde faleceron dúas persoas.

A maxia da Lotería de Nadal trasladouse a Galicia, onde estes días fíxose realidade un conto de Nadal, o que propoñía Ana Pérez -veciña da localidade pontevedresa e edil de Nigrán- a Loterías nunha carta remitida o pasado mes de outubro, a galega dicía, “nestes momentos, o noso pobo está a pasar por uns malos momentos, ardeu o 98% da nosa superficie forestal e a pesar do bonito que é… está todo negro e escuro. O meu maior desexo sería recuperar a esperanza, que os meus veciños recuperasen a ilusión”. E engadiu, “e se este ano toca en Chandebrito”.

A árbore, de 7 metros de alto por 2 metro de ancho, foi trasladado en furgón guindastre desde Madrid e situado na Praza do Concello, un punto neurálxico do municipio onde resulta especialmente vistoso. Loterías con Galicia “Todo o equipo de Loterías quixo solidarizarse cunha situación tan dura como a que están a pasar os nosos veciños de Galicia, por iso, desde o primeiro momento, tivemos claro que queriamos atender a petición que nos fixeron os cidadáns galegos e corresponderlles estando presentes en Nigrán coa nosa árbore de nadal, acompañándolles e facéndolles sentir o noso apoio nestas festas do Nadal, lembrando moi especialmente ás vítimas dos terribles incendios do pasado mes de outubro. Loterías está con Galicia nestes duros momentos”, destacou o Delegado de Loterías en Vigo, José Antonio de Román.

As cifras dan boa conta da magnitude do desastre para Nigrán: na parroquia de Chandebrito, onde faleceron dúas persoas, só sobreviviron 2 hectáreas do total de 232 que existen de monte comunal. Desta forma, hoxe inaugurouse o nadal en Galicia co aceso da árbore dos desexos da Lotería de Nadal. “É unha honra para Nigrán poder lucir a árbore, agradecemos enormemente o xesto que tivo connosco Loterías e Apostas do Estado; sen dúbida contribuirá a que este Nadal sexa máis especial no municipio despois dun mes de outubro moi duro“, destacou o alcalde, Juan González, na presentación do mesmo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.