Inicio Val Miñor Nigrán Unha muller será un ano máis cabeza de cartel do Nigranjazz 2020

Unha muller será un ano máis cabeza de cartel do Nigranjazz 2020

gran-asistencia-publico-no-esteiro-da-foz-na-primeira-xornada-do-nigranjazzO XIV Nigranjazz extende a súa duración e localización apostando por lendas nacionais coma o saxofonista Perico Sabeate e artistas europeos comoa xaponeso-polaca Ymi Ito 

O Concello de Nigrán aposta neste XIV Nigranjazz por duplicar a duración do festival de dous a catro días e extender a súa localización orixinal do esteiro da Foz a Patos e Panxón co obxectivo de disgregar ao público ante as restricións sanitarias vixentes. Así, aínda que condicionados polas circunstancias relativas á COVID-19, este ano non será moi diferente aos anteriores no aspecto artístico, o único é que non se poderá contar coa participación de músicos americanos, pero, coma sempre, os protagonistas serán destacados músicos do panorama europeo como e xaponeso-polaca Yumi Ito, nacional coa gran lenda do saxofón Perico Sambeat e galegos como Virxilio Da Silva ou Sergio de Miguel.

Nigranjazz apostou sempre por combinar o mellor jazz internacional co talento nacional e, sobre todo, galego. Nos últimos anos tivemos o privilexio de contar con figuras internacionais de primeira liña como Kurt Rosenwinkel, Peter Bernstein, Kevin Hays, Gilad Hekselman, Michael Kanan, Chris Cheek, Jorge Rossy, Deborah Carter, Jean Michel Pilc… Pero sempre se ofreceo o escenario aos músicos galegos xa máis consagrados ou ás novas e promesas. Así, tamén pasaron por Nigrán nomes coma Abe Rábade, Iago Fernández, Xan Campos, Paco Charlín, Virxilio Dasilva, Yago Vázquez, Telmo Fernández, Xosé Miguelez..

YUMI ITO (1990) Vocalista, compositora, produtora e arreglista xaponésa-polaca. A súa música é unha amálgama de jazz, art-pop e neoclásico. Yumi toca moito en vivo e compartiu escenarios con artistas como Al Jarreau, Becca Stevens, Kurt Rosenwinkel e Mark Turner. Coma líder de banda, acompañante e arreglista, Yumi Ito traballa non soamente no eido do jazz, senón tamén nos do pop, teatro e cinema

O escenario principal (Foz do Miñor) será testemuña os días 24 e 25 de Xullo de dous concertos excepcionais con dúas formacións moi novas e moi talentosas: o día 25 a vocalista, a compositora e produtora Yumi Ito debutará con Wilfried Wilde á guitarra Jakub Dworak ao contrabaixo e Iago Fernández á batería. Ao día seguinte, no mesmo escenario, o pianista vasco David Cid tocará cun trío, nesta ocasión acompañado polo lendario saxofonista valenciano Perico Sambeat, Xurxo Estévez ao contrabaixo e Joan Casares á batería. Ambas as formacións son un claro exemplo de músicos novos, bandas con presenza de músicos galegos e internacionais…

Para a ocasión escolleuse un novo trío con tres músicos galegos consagrados, Fuzzo (día 22, 21:00 horas, Patos), un experimento de improvisación acumulativa con elementos estilísticos que van máis aló do Jazz. Contaremos tamén coa presenza do trío de Sergio de Miguel (día 23, 21:00 horas, Panxón) un novísimo pianista cun futuro moi prometedor e que está a acaparar xa premios e recoñecementos non soamente na nosa terra senón tamén nos EEUU.

Como cada ano, ademais o Nigranjazz aposta por novos talentos tamén para abrir as jam sessions e apostamos polo aspecto educativo coas masterclasses (venres 24 no Auditorio Municipal con Yumi Ito).

Nigranjazz volve a apostar este ano por unha muller como cabeza de cartel nun mundo do jazz tamén dominado por homes e emprende unha serie de accións destinadas a mellorar a súa sustentabilidade, a súa accesibilidade e o seu respecto pola ecoloxía. Dispoñeremos de contedores de reciclaxe en todo o recinto, limitaremos o uso de plásticos promovendo a reutilización dos nosos vasos personalizados, facilitaremos formas de pago máis seguras e hixiénicas… Paralelamente, estarán dispoñibles o 24 e 25 na Foz as mochilas vibratorias para as persoas xordas… Todo iso encamiñado a facer do festival un espazo cada vez máis inclusivo, respectuoso e exemplar.

Cartel gañador

O deseño do cartel gañador do concurso ‘Quin Alborés’ destiñado a promover o Nigranjazz pertence ao deseñador gráfico catalán Leonardo Abate, vencedor por segundo ano consecutivo entre algo máis de cen propostas, record absoluto de participación ata a data. O xurado destacou a súa orixinalidade, calidade da composición, orixinalidade e fusión novamente da natureza e da música como unha das cuestións máis senlleiras do festival.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies