Inicio O Condado A Xunta e o Concello de Salvaterra de Miño colaboran para rehabilitar...

A Xunta e o Concello de Salvaterra de Miño colaboran para rehabilitar a Casa do Pobo e destinala á Casa da Música

A Xunta e o Concello de Salvaterra de Miño colaboran para rehabilitar a Casa do Pobo e destinala á Casa da MúsicaO conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, asinaron un convenio aprobado en Consello da Xunta a semana pasada, para a rehabilitación da Casa do Pobo e destinala á Casa da Música, cun investimento de 300.000 euros nos anos 2020 e 2021.

Como explicou o titular de Cultura e Turismo da Xunta, a nova infraestrutura pretende dar resposta a unha necesidade da localidade que ata o de agora non contaba cun emprazamento axeitado para impartir formación musical nas condicións necesarias. Ao abeiro desta colaboración, o inmoble recuperará a súa utilidade orixinal.

O edificio ten unha importante carga simbólica. Datado en 1925, acolleu a Sociedade Unión Progresista do Distrito de Bos Aires e anos despois albergou a Casa do Pobo co propósito de dotar ao municipio dun emprazamento onde realizar conferencias, facer exposicións e instalar unha escola de artes e oficios. Na actualidade presenta un importante deterioro que impide o uso das súas instalacións polo risco de derrube.

Accesibilidade

Segundo establece o proxecto, o edificio reformarase de xeito integral, establecéndose a zona de administración na planta baixa e unha sala polivalente para ensaios colectivos e funcións. Na planta alta está prevista a instalación de aulas para impartir formación teórica e práctica. Así mesmo, engadirase un novo núcleo ao edificio, o que permitirá a colocación de ascensores e baños.

Con esta actuación complementarase a actividade cultural de Salvaterra de Miño que ten unha gran tradición musical, e conta con numerosas agrupacións tanto folclóricas como de música clásica que, xunto coa Banda de Música de Salvaterra, implican a centos de veciños na aprendizaxe da música.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies