spot_img
InicioReportaxesUnha maior responsabilidade de produtores debe asociarse a sistemas de recollida e...

Unha maior responsabilidade de produtores debe asociarse a sistemas de recollida e reciclaxe viables

unha-maior-responsabilidade-de-produtores-debe-asociarse-a-sistemas-de-recollida-e-reciclaxe-viablesO Plan Estatal de Residuos debería ter en conta “a referencia a sistemas de recollida e reciclado con viabilidade, eficiencia económica e que o incremento da responsabilidade -dos produtores- vaia asociado a un incremento das cantidades” segundo o director xeral de Ecoembes, Óscar Martín.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Tras a recente aprobación polo Consello de Ministros, do Plan Estratéxico Marco de Residuos (PEMAR), España espera alcanzar os obxectivos que marca a Unión Europea e reducir os residuos que acaban nos vertedoiros sen o seu correspondente aproveitamento lembra Ecoembes nun comunicado no que mostra as súas satisfacción polo recoñecemento aos resultados logrados en materia de reciclaxe de envases.

Óscar Martín: Mostramos a nosa satisfacción polo recoñecemento que o Plan Estratéxico Marco de Residuos realiza aos resultados alcanzados pola reciclaxe de envases no noso país, xa que o sitúa como o principal alicerce no que se apoia a xestión de residuos municipais en España e que é froito da colaboración público-privada.

O plan, elaborado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, recoñece “a necesidade de dar un paso adiante para superar o 30% de reciclaxe actual e alcanzar o 50% de reciclaxe de residuos municipais que nos marca Europa para 2020”, segundo Martín.

Para iso consideran prioritario “impulsar a reciclaxe de biorresiduos”, xa que “só así España conseguirá alcanzar os obxectivos que marca a UE” e reducir a gran cantidade destes materiais “que acaban actualmente nos vertedoiros“.

Ecoembes, a través do seu comunicado, apoia a formulación que realiza o PEMAR sobre a análise e desenvolvemento de instrumentos económicos que incentiven aos españois para contribuír coa reciclaxe, así como a proposta de mellorar a fiabilidade das estatísticas de xeración e xestión de residuos.

O documento aposta pola reciclaxe procedente da recollida selectiva e a sensibilización cidadá “como factores determinantes para o aumento da cantidade e a calidade dos residuos reciclados”.

EFEverde

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.