spot_img
InicioVigo e áreaVigoChamamento aos vigueses para que colaboren coa gran recollida solidaria do banco...

Chamamento aos vigueses para que colaboren coa gran recollida solidaria do banco de alimentos

chamamento-aos-vigueses-para-que-colaboren-coa-gran-recollida-solidaria-do-banco-de-alimentos

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, realizou unha visita ás instalacións que o Banco de Alimentos ten na parroquia de Sárdoma. Acompañado polo seu presidente, Pedro Pereira, e distintos membros da fundación e voluntarios, López-Chaves coñeceu o seu traballo de cara á Gran Recollida Solidaria (GRS) que a ONG celebra os vindeiros 27 e 28 de novembro.

Neste senso, o delegado fixo un especial chamamento aos vigueses e viguesas e aos veciños da área metropolitana para que colaboren con esta iniciativa ademais de animar a todos os cidadáns a facerse voluntarios para que o Banco de Alimentos poida levar a cabo estes dous grandes días de recollida de alimentos por toda provincia sen problemas. “Animo a toda a cidadanía a que se sume a esta gran iniciativa solidaria”, sinalou López-Chaves. Segundo datos da ONG, aínda precisan uns 700 voluntarios para poder chegar a todos os puntos de recollida nos máis de 130 supermercados que participan nesta acción o vindeiro fin de semana.

De feito, a Delegación Territorial da Xunta en Vigo súmase a esta iniciativa solidaria e, dende o martes 24 ao venres 28 de novembro, as persoas que así o desexen –traballadores e usuarios- poderán entregar alimentos na sede da Administración autonómica na cidade. No hall de entrada do edificio, instalarase unha caixa e información para que os cidadáns poidan doar os alimentos para o Banco de Alimentos en horario de apertura do Rexistro, é dicir, de 9.00 a 19.00 horas. Coma informaron dende a ONG, os alimentos máis necesarios para a acción deste ano son leite, aceite, galletas, cacao e todo tipo de conservas vexetais.

Ademais, e seguindo esa liña de apoio e colaboración da Xunta, dentro das accións da Gran Recollida Solidaria 2015, o delegado territorial participará tamén coma voluntario cos responsables do Banco de Alimentos o propio sábado día 28. “Todos debemos ser partícipes desta gran acción solidaria”, valorou López-Chaves ao remate da visita.

- Publicidade -spot_img