spot_img
InicioBaixo MiñoUnha exposición recolle décadas de historia do entroido no Rosal

Unha exposición recolle décadas de historia do entroido no Rosal

Unha exposición recolle décadas de historia do entroido no RosalA Praza do Calvario acolle do 12 ao 17 de febreiro unha mostra con máis de 100 fotografías que percorren o Carnaval de Novás, Fornelos, San Xián e O Rosal dende os anos 60 ata a actualidade

O entroido chega este venres ao Rosal dun xeito diferente. O Concello organiza unha exposición de fotografías coa que se rememora décadas de celebración do carnaval nos diferentes barrios rosaleiros, unha festa con grande arraigo, transcendencia e seguimento social no municipio.

Rosaleiros e rosaleiras poderán desfrutar dende este venres 12 ata o vindeiro 17 de febreiro desta mostra que estará situada ao aire libre na Praza do Calvario. A través de máis de 100 fotografías dispostas en distintos paneis, o público poderá percorrer a historia do entroido en Novás, Fornelos, San Xián e O Rosal dende os anos 60 ata a actualidade.

Dende o Concello quere agradecerse a colaboración de todas aquelas persoas e entidades que facilitaron a documentación gráfica que permitiu realizar esta exposición, que tamén permite visibilizar o gran traballo que realiza a veciñanza implicada para que a tradición do entroido perdure no Rosal.

- Publicidade -spot_img