A mostra, organizada desde Metro de Madrid, leva por título “Antonio Palacios. O Arquitecto de Metro” e pode visitarse ata o 30 de xuño
O icónico rombo de Metro, as estacións, os seus accesos e tantos outros elementos como os tótems ou o fornelo de Gran Vía non serían tal e como os coñecemos hoxe se non fóra pola pegada tan característica que deixou o seu arquitecto, Antonio Palacios. O seu deseño hoxe perdura en moitísimos aspectos da rede do suburbano e por iso Metro réndelle homenaxe cunha gran exposición que acolle a Real Casa de Correos, na Porta do Sol, coincidindo co 150 aniversario do seu nacemento.
É a primeira mostra destas características coa que se pretende difundir o inmenso legado do que fose unha figura esencial na historia da arquitectura española e do suburbano desde que comezase a súa construción en 1917, ata o seu falecemento en 1945. Esta mostra gratuíta, que abre as súas portas de 10:00 a 14:00 e de 16 a 20:00 horas e ofrece visitas guiadas, supón un percorrido desde que a Compañía Metropolitana Alfonso XIII fose un proxecto ata completar o primeiras catro liñas da rede de Metro.
Ata o próximo 30 de xuño, nun dos patios da Real Casa de Correos, a través de contidos gráficos e audiovisuais de gran formato, maquetas e planos, pódese coñecer de primeira man o traballo que Palacios levou a cabo no subsolo de Madrid cando ninguén sabía o que era este medio de transporte.
NO NÚMERO 12 INCLUÍMOS UN ESPECIAL DEDICADO AO ARQUIETCTO DE PORRIÑO
Neste percorrido apréciase a súa faceta como arquitecto das primeiras estacións, dos edificios industriais (como a Nave de Motores, aberta ao público como museo) así como os proxectos de xeración e transformación eléctrica das rúas de Castelló e Olid.
Nestes 355 metros cadrados de exposición, hai diferentes áreas dedicadas á súa vida e obra, ás estacións e subestacións eléctricas para dar a coñecer da forma máis atractiva o traballo de Palacios e a importancia deste como elemento transformador da cidade e o seu contexto histórico.
O traballo de investigación nos arquivos de Metro para recuperar tanto de imaxes como documentos públicos e privados, que saen, nalgúns casos, á luz por primeira vez, foi fundamental para poder facer realidade esta exposición.





