spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO Festival Internacional de Títeres de Redondela arranca coa programación escolar e...

O Festival Internacional de Títeres de Redondela arranca coa programación escolar e de sala

o-festival-internacional-de-titeres-de-redondela-arranca-coa-programacion-escolar-e-de-sala
Tangram Kollektiv

O XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) arrancou a programación cun grande éxito. Di Filippo Marionettes foi a compañía encargada de dar o pistoletazo de saída da campaña escolar, coas catro funcións de ‘Colgando dun fío’ no Multiusos Piñeiral do Crego de Chapela e no Multiúsos da Xunqueira de Redondela

Revista Cousas de nº21

O mércores, os galegos de Paporrubio escenificarán ‘Varietés do animalario’ ás 10:30h e ás 12:00h, unha divertida proposta de títeres de luva protagonizado por unha raposa e un lobo que se ven envoltos nun conflito por unha pereira á que lle van desaparecendo as peras misteriosamente. Xa o xoves, o neerlandés Lejo pechará a campaña escolar con ‘Mans Arriba’, cunha función única ás 10:30h.

o-festival-internacional-de-titeres-de-redondela-arranca-coa-programacion-escolar-e-de-sala
Lejo será o protagonista con ‘Mans arriba!’

En total, máis de mil cativos e cativas poderán gozar das sete funcións previstas dentro do horario escolar, nas que participarán, nesta edición, os colexios de Cedeira, Portocabeiro, Alexandre Bóveda, Igrexa, Quintela, Reboreda, Santa Mariña e Ventosela, e as escolas infantís San Pedro, Outeiro e A Marisma.

Programación de sala e teatro portátil

Ademais das funcións escolares, o Multiúsos da Xunqueira acolleu o luns e martes ‘Colgando dun fío’ e ‘Variations’ de Di Filipo Marionetes, respectivamente. O mércores, as alemás de Tangram Kollektiv subirán ás táboas unha coidadosa proposta con ‘A forma das sombras’ e o xoves,  o neerlandés Lejo será o protagonista con ‘Mans arriba!’

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

De cara á fin de semana, o venres e o domingo o arxentino Sergio Mercurio escenificará ‘Viejos’ , e o sábado, Redondela engalanarase para recibir o Premio Max ao mellor espectáculo infantil, ‘Blancanieves’ de La Chana Teatro.

Todas as funcións de sala serán ás 20:00h agás a do domingo, ás 19:00h

Outro teatro, pero portátil, acollerá o espectáculo ‘Edén’ de Théâtre Jaleo o xoves, venres e sábado ás 22:00h e o domingo ás 21:00h. Trátase dun cabaré representado nun coidado anfiteatro, que se instalará ao carón do Palco da Música da Alameda (cuberto por carpa) co que a bailarina Alice Alban-Zapata e o cómico Arnaud Vidal queren pór en valor o teatro popular a través de sete historias que mesturan monicreques, danza e teatro de actor.

Entradas e camisolas

A venda de entradas para as funcións de sala xa están á venda no Multiúsos da Xunqueira, a un prezo único de 7€, con horario de 18:00h a 20:00h durante toda a semana, agás o domingo, que será de 17:00h a 19:00h.

Os billetes para Théâtre Jaleo poderanse adquirir de xeito anticipado no mesmo horario, e dende unha hora antes de cada representación na propia barraca.

As camisolas, chapas e demais merchandising do Festival, tamén se poderán adquirir durante toda a semana no Multiúsos, con horario de luns a xoves de 18:00h a 21:30h; o venres e sábado de 12:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:30h, e o domingo, de 13:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:30h.

- Publicidade -spot_img