spot_img
InicioBaixo MiñoUnha exposición en Tui recolle a beleza da biodiversidade e a riqueza...

Unha exposición en Tui recolle a beleza da biodiversidade e a riqueza cultural dos municipios do Alto Minho

Unha exposición en Tui recolle a beleza da biodiversidade e a riqueza cultural dos municipios do Alto MinhoAté o 1 de decembro pode visitarse en Tui e exposición “Alto Minho, paisagens, espécies, historias”

A Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, acolle ata o 1 de decembro a exposición itinerante “Alto Minho, paisagens, espécies, historias” promovida pola Comunidade Intermunicipal – CIM Alto Minho co obxectivo de revelar a beleza da biodiversidade e a riqueza cultural dos municipios do Alto Minho.

Esta mostra realiza unha itinerancia polos concellos do Alto Minho e do Sur de Galicia. Está integrada por paneis interpretativos así como elementos multimedia dedicados ás tres temáticas da exposición: Paisaxes, Especies e Historias, xunto cun documental e unha misteriosa arca interactiva con 20 obxectos.

A exposición ofrece ao visitante unha perspectiva ecolóxica e social da zona, mostrando algunhas das especies que habitan esta rexión, explorando unha grande variedade de paisaxes e desvelando como os altominhotos se relacionan con este territorio e a súa biodiversidade.

Así na mostra recóllese a orvalhinha, a lesma do mar, a salamandra lusitânica, as mouras encantadas, a lenda do lagarto de Lamas de Mouro ou as maias.

Para o Concello de Tui a presenza en Tui desta exposición divulgativa sobre o territorio transfronteirizo é unha nova oportunidade de ofrecer aos tudenses e visitantes un achegamentos aos valores naturais e culturais deste espazo xeográfico que compartimos galegos e portugueses, en definitiva as poboacións asentadas nas ribeiras do Miño.  Nunha nova oportunidade Tui é unha ponte de comunicación, agora na divulgación de patrimonio e de natureza, entre as terras de Galicia e o Norte de Portugal.

- Publicidade -spot_img