Inicio Pontevedra Baixo Miño Unha andaina nocturna unirá este sábado os dous principais cumios da Eurocidade...

Unha andaina nocturna unirá este sábado os dous principais cumios da Eurocidade Tui-Valença

Unha andaina nocturna unirá este sábado os dous principais cumios da Eurocidade Tui-ValençaUnha andaina nocturna unirá este sábado, 28 de xullo, os dous principais cumios da Eurocidade Tui-Valença, o Monte Aloia e o Monte Faro, á luz da lúa chea.

Será un percorrido de 17 de quilómetros, de dificultade doada, que comezará ás 23.30 hora española no Aloia e rematará entorno ás 5 da madrugada vendo o amencer no Monte Faro.  Esta novidosa proposta forma parte do calendario de Andainas Saudables da Eurocidade.

O percorrido proposto, en cuxo deseño se tivo moi presente a seguridade dos participantes, comezará no Parque Natural do Monte Aloia, baixará ata Tui onde percorrerá o Paseo Fluvial e cruzará pola vella Ponte Internacional cara Valença.  O traxecto brindará fermosas panorámicas nocturnas das dúas cidades iluminadas e do río Miño.

Está previsto que na andaina participen un centenar de persoas. A inscrición está aberta ata mañá mércores, 25 de xullo, ás 23.59 h na web www.andatui.es, cun prezo de 5€ por persoa.

Os participantes deberán estar ás 23 hora española no aparcamento do Monte Faro dende onde serán trasladados en dous autobuses até o aparcamento do Monte Aloia onde comezará a andaina.  Aconséllase levar botas, roupa cómoda, bastón e lanterna.  Haberá dous avituallamentos, un na vella Ponte Internacional de froita e bebida, e outro xa no remate no Monte Faro de rosca e chocolate. Na chegada serán sorteadas dúas comidas/ceas e dúas botellas de viño entre os participantes.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies