Inicio Pontevedra Comeza o proceso de selección de pemes participantes en VíaExterior

Comeza o proceso de selección de pemes participantes en VíaExterior

Comeza o proceso de selección de pemes participantes en VíaExteriorO Consorcio da Zona Franca de Vigo pechou o pasado día 19 o prazo de inscrición para o programa ViaExterior, a aceleradora de internacionalización para pemes que buscan o acceso con éxito a novos mercados.

Entre os sectores que participaron destaca o turístico, o sanitario e o de consumo, mentres que respecto da súa dimensión atópanse tanto, pemes que xa tiveron unicamente algunha experiencia internacional esporádica e empresas de recente creación con perfil born global.

Segundo os calendarios marcados polo delegado David Regades, nas próximas semanas levará a cabo o proceso de avaliación de candidaturas para seleccionar ás 20 pemes que finalmente participarán na aceleradora ViaExterior.

Os proxectos de internacionalización presentados serán avaliados de acordo ás bases da convocatoria en función do seu grao de acelerabilidad, innovación e relevancia estratéxica para Galicia.

O proceso de avaliación incluirá así mesmo entrevistas individualizadas coas distintas empresas que presentaron a súa solicitude, que se celebrarán ao longo do mes de agosto.

A listaxe das 20 pemes seleccionadas publicarase o día 31 de agosto, e a actividade da aceleradora comezará o venres 14 de setembro coa celebración

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies