Inicio Pontevedra Louriña Un Plan Director coordinará a humanización integral da estrada Puxeiros-Mos

Un Plan Director coordinará a humanización integral da estrada Puxeiros-Mos

Un Plan Director coordinará a humanización integral da estrada Puxeiros-MosOnte reuníronse en Torroso a este respecto representantes das administracións local e provincial e das Asociacións das parroquias afectadas polo vial

Onte pola tarde a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Alberto Méndez, o edil de servizos, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, e o voceiro do grupo municipal do BNG, Miguel Anxo Aldesa Moscoso, reuníronse no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso con representantes das Asociacións das parroquias afectadas (Mos, Torroso, Dornelas e Tameiga) pola estrada provincial Puxeiros-Mos -dende o seu inicio no alto de Puxeiros ata a súa confluencia coa estrada Nacional 550-; e co deputado de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez.

No encontro abordáronse as deficiencias e necesidades do devandito vial, acordándose a redacción por parte da administración provincial dun Plan Director co que optimizar esta estrada.

Dentro deste Plan Director a Deputación estimará a inversión necesaria para acometer a humanización integral, de principio a fin, deste vial.

Os membros do tecido asociativo tiveron onte un papel fundamental xa que son os que mellor coñecen as necesidades da estrada, ao vivir ao seu carón, e aportaron as súas suxerencias para poder decidir por onde empezar este plan de mellora integral e detectar onde se atopan as necesidades de optimización da seguridade vial prioritarias.

O Concello de Mos xa mantivera cos representantes das Asociacións unha reunión previa para abordar este tema ante a preocupación da veciñanza e por iso se solicitou a xuntanza de onte con Uxío Benítez.

A principal problemática desta estrada é a elevada afluencia de tráfico e a elevada velocidade á que soen transitar os vehículos, xunto coas escasas zonas de paso seguro para peóns e ciclistas.

Os viandantes e bicicletas abundan tamén neste vial ao existir ao longo do mesmo varios núcleos poboacionais importantes cun elevado fluxo de persoas como son as zonas do Colexio Pena de Francia, da Igrexa de Santa Mariña en Dornelas, do Centro Dotacional de Torroso e do Pazo de Mos. De ahí a necesidade de habilitar ao longo da estrada provincial Puxeiros-Mos rutas peonís humanizadas e seguras.

No Plan Director da Deputación proxectaranse as zonas desta estrada onde é inminente a necesidade de actuación, e polas que se comezará a obra de humanización integral.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

39FansGóstame
272SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies