Inicio Pontevedra Louriña Mos homenaxea á súa ciclista e campioa de España, Susana Alonso

Mos homenaxea á súa ciclista e campioa de España, Susana Alonso

Mos homenaxea á súa ciclista e campioa de España, Susana AlonsoO pasado 30 de marzo a mosense gañou o campionato nacional de Ultramaratón Élite disputado en Teruel e que dominou dende o inicio.

O día 23 celebrouse no Concello de Mos a recepción a Susana Alonso Carballo, que o pasado 30 de marzo erixiuse de novo Campioa de España de Ultramaratón Élite vestindo por primeira vez o maillot da Selección de Galicia. A ciclista mosense estivo acompañada por, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Baldomero Lorenzo, concelleiro de Deportes de Mos e demais membros da Corporación Municipal.

Alonso revalidou en Calamocha ou seu título de Campioa de España de Ultramaratón Élite. A primeira etapa da Jamón Bike serviu para disputar o Campionato de España de Ultra Maratón sobre un percorrido de 127 km. A Jamón Bike de Calamocha citou á elite con motivo da oitava edición da proba que organiza o Club Ciclista Calamocha, que foi o evento elixido para repartir os títulos do Campionato de España de Ultramaratón BTT, ademais dos podios do Rexional.

Un total de 700 corredores encheron a capital da Comarca do Jiloca, nunha festa da BTT, na que se coroou Susana Alonso, que encadeou o seu segundo ouro consecutivo.

Os 127 quilómertos do percorrido contaron cun desnivel acumulado de 3.000 metros nos que Susana Alonso dominou de principio a fin proclamándose Campioa de España Ultramaratón 2019 BTT, dentro do VIII Jamón Bike disputado en Calamocha (Teruel).

O percorrido, deseñado polo Club Ciclista Calamocha, organizador do evento, constaba de 127 quilómetros de gran esixencia que atraeron ata a localidade turolense a uns 700 corredores, segundo informou a Real Federación Española de Ciclismo (RFEC).

Dominio absoluto de Susana Alonso

A ciclista mosense Susana Alonso exhibiu a súa superioridade desde o primeiro quilómetro ata o último deste Campionato de España de Ultramaratón. Marcou diferenzas desde o arranque da proba e tras atoparse coa compañía de Silvia Roura, aínda en categoría sub-23, marchouse en solitario aproveitando a subida a Fonfría. Alonso mantivo a súa vantaxe e proclamouse en Calamocha Campioa de España con catro minutos de vantaxe sobre Roura, que foi segunda en meta e mellor ciclista sub-23. A terceira praza absoluta ocupouna a Máster 40A María Teresa Barreira, mentres que o podio élite estivo integrado por María Desiree Castro, quinta absoluta, e Marta Romeu, a oitava ciclista en completar a proba.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

694FansGóstame
291SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies