spot_img
InicioAlto MinhoUn paso máis para a Cooperación Transfronteiriza Cerveira-­‐Tomiño 2014-­‐2020

Un paso máis para a Cooperación Transfronteiriza Cerveira-­‐Tomiño 2014-­‐2020

un-paso-mais-para-a-cooperacion-transfronteiriza-cerveira-­‐tomino-2014-­‐2020

Unhas 40 entidades e asociacións dos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira  participaron, na primeira semana de xullo, no segundo período de encontros temáticos no ámbito da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Cerveira-Tomiño 2014-2020.

En total, foron identificados seis proxectos que van ser sometidos a votación no Orzamento Participativo Transfronteirizo, unha iniciativa transfronteiriza única, contemplada na Axenda Estratéxica de Cooperación Cerveira Tomiño

Con moita adhesión e participación activa, este ciclo de reunións transfronteirizas de grupos de traballo nas áreas de Cultura / Deporte, Educación e Acción Social desenvolveu un proceso de detección, delineación e definición de iniciativas comúns que contribúan á  des-fronteirización  efectiva  mediante o incremento da cooperación entre institucións  e sociedade civil de ambas nacións.

Das propostas de proxectos xa sinalizados constan, na área de Cultura / Xuventude, a organización dun evento musical e dunha semana cultural transfronteiriza con implicación de axentes culturais locais;  o grupo de traballo de Educación recoñeceu a necesidade de promover unha semana de intercambio da comunidade educativa transfronteiriza e o proxecto que se denominará provisionalmente Educación polo Deporte. Por último, na área social, a creación dun plan de accesibilidade para os grupos sociais desfavorecidos, así como a dinamización dunha rede compartida de asesoramento social son as propostas que finalmente resultaron escollidas.

Os tres grupos de traballo están compostos por entidades asociativas dos concellos de Tomiño e mais de Vilanova de Cerveira, que son representativas de cada unha das tres áreas mencionadas. Tamén participan técnicos municipais e mais concelleiros e concelleiras das áreas atinxidas. Os tres grupos reuníronse alternativamente en locais municipais de Tomiño e Cerveira  e teñen previsto volverse reunir para analizar os traballo de elaboración técnica dos anteproxectos para o vindeiro mes de setembro

Tras a presentación e cruce de puntos de vista converxentes nas reunións de maio, esta segunda rolda transcorrida en xullo permitiu a identificación concreta de seis proxectos que, nas próximas semanas, van ser traballados polo secretariado da Amizade Cerveira-Tomiño, de xeito que ata o final do mes de setembro transcorra unha última reunión para validación definitiva. O obxectivo é que en outubro poidan ser sometidos ao I Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño.

Destacar que o Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño, cun importe global de 20 mil euros, será repartido a partes iguais polos dous concellos, nas tres áreas de intervención prioritarias. Pola dinámica participativa subxacente, o obxectivo é desafiar e auscultar as poboacións de ambas as marxes a reflexionar sobre proxectos comúns que lles gustaría ver concretados.

A Axenda estratéxica de Cooperación Transfronteiriza foi aprobada hai dous anos, tras un proceso participativo que envolveu entidades de ambos concellos: o seu desenvolvemento e mais as accións contidas na mesma , como é o Orzamento Participativo Transfronteirizo, foron presentadas como candidatura conxunta de Tomiño e Cerveira para o se co-finaciamento polo Programa de Cooperación  Transfronteirizo De España e Portugal INTERREG VA.

)*) Na imaxe unha das xuntanzas dos grupos de traballo

- Publicidade -spot_img