Inicio Pontevedra Baixo Miño Medio Ambiente investirá preto de 60.000 euros no acondicionamento do contorno da...

Medio Ambiente investirá preto de 60.000 euros no acondicionamento do contorno da casa consistorial de Oia

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio investirá preto de 60.000 euros en acondicionar o contorno da casa consistorial de Oia, tal e como se recolle no convenio asinado entre a titular deste departamento autonómico, Beatriz Mato, e a alcaldesa da localidade, Cristina Correa.

O obxectivo dos traballos será remodelar os espazos circundantes á casa consistorial. Para conseguilo, procederase a un novo axardinamento e ordenación da zona, que conforma un miradoiro sobre o mosteiro de Oia e o océano Atlántico, co fin de que os veciños poidan usalo en condicións de seguridade e accesibilidade.

Ao mesmo tempo, mellorarase a estética das beirarrúas próximas e axeitaranse ao contorno do monumento, así como ás condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. Ademais, procederase ao saneado e limpeza da praza situada á esquerda da casa do concello.

Por outra banda, no espazo posterior e á dereita da praza, incorporarase unha varanda de aceiro galvanizado para mellorar a seguridade da balaustrada existente.

A finalidade última destas actuacións é favorecer o tránsito e e a mellora da accesibilidade ao regularizar o pavimento, o axardinamento e a seguridade, de xeito que o espazo poida usarse como miradoiro con todas as garantías.

Plan Hurbe

Este investimento inscríbese no Plan Hurbe, posto en marcha en 2010 polo Goberno galego e que ten un triplo obxectivo: fomentar a humanización das vilas; favorecer a cooperación da administración autonómica e os concellos; e promover o reequilibrio territorial en Galicia. Para conseguilo, o Plan Hurbe inclúe tres programas de actuación: humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; e equipamentos públicos, referidos especialmente aos de carácter cultural e social.

Ao abeiro do Plan Hurbe, téñense executado 105 actuacións, cun investimento total de 112 millóns de euros. Para este ano, o investimento para toda Galicia ascende a uns 11 millóns de euros: 6 millóns previstos nos orzamentos, máis unha ampliación de 5 millóns grazas ao orzamento recibido polo cumprimento da comunidade autónoma co déficit.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies