spot_img
InicioO MorrazoMarínUn paseo por Marín, moito máis que mar

Un paseo por Marín, moito máis que mar

un-paseo-por-marin-moito-mais-que-mar

“Nostra in mare fortuna”, así reza na divisa do escudo heráldico do concello, en clara alusión á vinculación que dende antigo Marín tivo co mar.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Cunha franxa costeira de algo máis de oito Km., bañada por augas da Ría de Marín, e que se estende dende Cantodarea ata Lapamán, dando acubillo a fermosos areais ou praias (Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, O Santo, A Coviña e parte de Lapamán), e cun só territorio insular, a illa do Santo.

un-paseo-por-marin-moito-mais-que-mar

 

 

Importante porto pesqueiro e de mercadorías, conta ademais con peiraos militar e deportivo, a súa situación fai do concello o lugar idóneo para a práctica dos deportes náuticos: vela (Club de Mar de Aguete), remo (Club Ría de Marín) e piragüismo (Club Tambo).

un-paseo-por-marin-moito-mais-que-mar

 

Pero Marín é moito máis que mar:
O lago de Castiñeiras, compartido co veciño concello de Vilaboa, paraxe dunha riqueza botánica e faunística sen igual.

Os montes Pituco-Pornedo, Pastoriza e Castelo que nos darán diferentes vistas sobre a nosa ría .

A diversión estará asegurada no Ecoparque multiaventura de Cadro e no parque da Finca de Briz, ou facendo rutas de sendeirismo como a das praias ou a dos muíños.

O Concello de Marín anima a gozar do municipio a pé a través do turismo verde e seguro

 

Alternativas máis culturais, visitar os numerosos monumentos do concello: pazos, igrexas, capelas… ou da súa arte popular: cruceiros, muíños ,hórreos… ou darse unha volta polos xacementos arqueolóxicos que tamén son moitos: mámoas, petróglifos, castros… ou pasarse polo Museo Torres, para contemplar in situ a obra deste xenial pintor, ou algunha das exposicións temporais.. ou acercarse ata o cine de Seixo, o derradeiro cine rural aínda en activo..

Luz verde para a musealización dos castros de Alobre, A Subidá e Toiriz

 

E que dicir das súas festas: a do Carme , a Virxe do Porto, o San Miguel coa súa tradicional Danza das Espadas, a festa dos Maios, o entroido co “luctuoso” Enterro da Sardiña, a festa da sidra e da mazá de Santomé de Piñeiro, a feira do Campo…

 

E non esquezamos a súa elaborada gastronomía: as súas caldeiradas (pixota, cazapa, rabada..), as afamadas cigalas, o polbo que xa dende antigo se mandaba o Mosteiro de Oseira, as sardiñas do xeito, ou as cabalas asadas de Aguete…, un Concello que vale a pena visitar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.