spot_img
InicioPontevedra e ÁreaUn ouro e dúas pratas para a Universidade de Vigo no Campionato...

Un ouro e dúas pratas para a Universidade de Vigo no Campionato de España de Orientación

un-ouro-e-duas-pratas-para-a-universidade-de-vigo-no-campionato-de-espana-de-orientacion

Ana Iglesias acadou un 1º e un 2º posto en distancia longa e curta, e Begoña Crespo foi subcampioa en curta

O Campionato de España de Orientación, celebrado esta fin de semana nos municipios madrileños de Miraflores de la Sierra e Canencia, deixa bos resultados para o equipo universitario, cun ouro e dúas pratas nas categorías de veteranos. A corredora Ana Iglesias, que participou na categoría de veteranos A, rematou a carreira en primeira posición na modalidade de distancia longa, facéndose coa medalla de ouro, e logrou ademais unha prata na modalidade de distancia curta. Outra das compoñentes do conxunto vigués, Begoña Crespo, proclamouse subcampioa en distancia curta na categoría de veteranos B, sumando outra prata ao medalleiro universitario. “Son uns resultados excelentes para o equipo, que xa ven rexistrando moi boas clasificacións ao longo da tempada”, indica Jose Luis Armada, coordinador do conxunto de Orientación da Universidade.

A competición, organizada polo club GOCAN, e que reuniu na serra madrileña a preto de 1700 corredores, non deixa postos destacados para o equipo vigués nas outras modalidades disputadas: sprint, relevos clásicos e relevos mixtos. As posicións acadadas, segundo sinala o coordinador do equipo Jose Luis Armada, sitúanse na metade da táboa, “e dado o alto número de participantes trátase dun resultado satisfactorio para o equipo”, subliña. A organización permitiu tamén a participación corredores estranxeiros chegados de países como Noruega, Reino Unido ou Finlandia que, sen embargo, non tiñan dereito a podium.

O CEU de Orientación terá lugar na Universidade de Valencia do 15 ao 17 de maio

A próxima cita do conxunto vigués terá lugar en A Coruña o vindeiro 29 de abril, cando se celebrarán as probas correspondentes ao Campionato Galego Universitario de Orientación, “nas que se agarda que o equipo acade bos resultados”, explica Armada. A competición autonómica dará paso ao Campionato de España Universitario de Orientación, que se celebrará do 15 ao 17 de maio na Universidade de Valencia.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.