O Proxecto Poseido II – futuro talaso natural de Baiona – capta a atención dun grupo de estudantes e catedráticos
O alcalde de Baiona, Angel Rodal, recibiu a un grupo de estudantes de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela e aos seus profesores catedráticos, de España e Irlanda, que se interesaron por coñecer os proxectos de recuperación da cetaria de Monte Boi. Foi desde a Universidade, que puxéronse en contacto cos Grupos de Acción Costeria de Galicia e de todos chamoulles a atención o proxecto Poseidón I, primeira fase xa terminada, e Poseidón II, a piques de iniciarse en Baiona, que forma parte do GAC 7 Ría de Vigo-A Guarda. Rodal acompañado polos estudantes, os catedráticos e responsables do GAC 7 Ría de Vigo-A Guarda desprazáronse ata a propia cetaria para explicarlles in situ o Proxecto Poseidón II.
O proxecto Poseidón II trátase dun talaso natural, ao aire libre e gratuíto que se creará na cetaria que está á beira da Torre da Tenaza e nas que se cultivaba lagosta ata mediados do século XX.
Quixemos dar un paso máis e o novo proxecto prevé un espazo de relax saudable no propio mar. “A pretensión é habilitar esta piscina de 300 metros cadrados cun sistema de chorros que funcionará seis meses ao ano“, indicoulles o Alcalde. “É un exemplo de como rendibilizar os nosos recursos e do poder terapéutico das algas, os oligoelementos e o mar e será o primeiro talaso natural, ao aire libre e gratuíto de Galicia e Baioneses e visitantes gozarano nun marco inigualable coas Illas Estelas e as Ciés de fondo e no horizonte o Oceáno Atlántico”, destacou o rexedor.
O Angel Rodal tamén explico aos estudantes outros proxectos da vila que foron financiados polo GAC 7. Rodal insistiu que “aínda que e a actualidade a Real Vila é un municipio turístico todos os proxectos levados a cabo apostan pola integración nas raíces marítimas da vila”.
A localidade de Baiona tamén foi o lugar escollido por ser un exemplo de boas prácticas e un modelo de integración e cooperación entre os diferentes proxectos. A complementariedade das actuacións desenvolvidas nos últimos anos e cofinanciadas polo GAC 7 é evidente en Baiona.
O Concello de Baiona puxo en marcha 4 proxectos con axuda do GAC 7 Ría de Vigo-A Guarda: A recuperación dunar da Ladeira, a recuperación da antiga cetaria de Monte Boi, a recuperación da contorna da marisma da Praia Ladeira. Ademais do plan de explotación de algas. Tras a visita ao Concello, a comitiva estudiatil dirixiuse ata a praia Ladeira para coñecer a recuperación do entrono da marisma e o proxecto de Wesport Ladeira.



