Un equipo da Universidade de Vigo investigará o proxecto de arte urbana «A Guarda Escrita nas Estrelas»

Un equipo da Universidade de Vigo investigará o proxecto de arte urbana «A Guarda Escrita nas Estrelas»

Un equipo da Universidade de Vigo investigará o proxecto de arte urbana «A Guarda Escrita nas Estrelas»

O Concello da Guarda, a Universidade de Vigo e os artistas Nuvi & éxfico, veñen de asinar un protocolo de colaboración para a realización dun estudo para a toma de mostras para unha investigación científica sobre materiais e posibles fenómenos de degradación no proxecto «A Guarda escrita nas estrelas» de pintado do espigón norte de abrigo do Porto da Guarda.

Esta investigación forma parte do proxecto CAPuS – Conservation of Art in Public Spaces(Programa Erasmus Plus – Acción clave KA2: cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas – Alianzas para o Coñecemento – convocatoria EAC / A03 / 2016, proxecto n.º 588082-EPP-A-2017-1-IT-EPPKA2-KA), que a Universidade de Vigo está a realizar sobre arte urbana, particularmente muralismo contemporáneo, que inclúen a creación de documentación fotográfica e audiovisual relacionada co patrimonio artístico público.

As accións que o equipo da Universidade de Vigo, no marco do proxecto CAPuS levará a cabo nestas obras pictóricas consistirán en:

  • Documentación fotográfica e audiovisual do obxecto e as súas futuras formas de deterioración.
  • Mostraxe de materiais (pinturas e soportes)
  • A análise científica das mostras anteriores con distintas técnicas analíticas para caracterizar os fenómenos de degradación. Esta mostraxe levarase a cabo polo menos en dous momentos diferentes: o ano de creación e no momento en que o deterioro da obra se verifica obxectivamente.
  • Estudo das variacións dos parámetros da cor na obra pictórica durante o tempo. Este estudo basearase no rexistro da cor cun espectrofotómetro para sólidos (medición non destrutiva) cada 30 días, desde o ano da creación do traballo ata polo menos un ano e medio máis tarde.
  • A avaliación de diferentes protectores na obra pictórica, a través da aplicación deles en pequenas áreas na obra e do control das variacións de cor ao longo do tempo.

A reprodución dos resultados provenientes das actividades anteriores en diversos medios de comunicación na web do proxecto (www.capusproject.eu), na web da universidade (www.uvigo.es) en revistas científicas de acceso aberto, debates, espectáculos, conferencias e eventos, só cando a finalidade é exclusivamente docente e investigador a nivel institucional.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies