Inicio Val Miñor Nigrán Carmela Silva visita as obras da futura biblioteca de Nigrán

Carmela Silva visita as obras da futura biblioteca de Nigrán

Carmela Silva visita as obras da futura biblioteca de Nigrán

A presidenta da Deputación de Pontevedra subliñou que “esta biblioteca é un dos proxectos máis relevantes da provincia e de seguro será unha referencia”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Nigrán, Juan González e integrantes do seu goberno municipal amais de persoal técnico da construtora, visitou hoxe en Nigrán as obras da nova Biblioteca, unha obra longamente esperada polas veciñas e veciños da vila do Val Miñor e un dos proxectos máis ambiciosos da provincia. Esta actuación está financiada pola Deputación ao abeiro do Plan de Reequilibrio cunha importante achega de 1.479.620,18€, mentres o concello de Nigrán financia os 369.905,05 euros restantes.

Durante a visita, Carmela Silva subliñou que “estamos ante un dos proxectos máis relevantes da provincia, polas características da edificación e pola súa singularidade. Vai ser unha referencia, un exemplo para os concellos da provincia, e nós estamos encantados e encantadas de financialo”. Amais resaltou que “a nova biblioteca vai garantir un novo servizo esencial para a veciñanza, pois Nigrán tiña unha biblioteca demasiado pequena que non satisfacía as súas demandas. A xente ten que ter servizos ligados ao estudo e a formación e onde poidan desenvolverse diferentes actividades culturais”. A presidenta provincial

O novo edificio para este espazo cultural que, dixo a presidenta, “da resposta aos equipamentos que melloran a calidade de vida da xente e que toda a veciñanza ten dereito a esixilos viva onde viva”, estase a construír nunha parcela do dentro do núcleo urbano que conta cun forte desnivel. Por iso se crearán dous accesos ao edificio: un dende a praza cuberta da planta baixa e outro dende a Praza Rosalía de Castro. A nova edificación, de planta irregular e cunha superficie total construída de 1.260 m2, vai constar de catro andares: na planta baixa haberá unha sala de usos múltiples e un almacén; na primeira planta estarán a sala de ordenadores, a hemeroteca, a recepción e a zona de préstamo infantil e xuvenil; na segunda planta situarase a zona de préstamo para persoas adultas; e na terceira, unha sala de estudo.

Carmela Silva: “Nestes tres anos de goberno destinamos a Nigrán máis de 7,2 millóns de euros, o investimento máis alto neste concello da historia da Deputación”

Na visita, Carmela Silva tamén lembrou que “o Goberno da Deputación de Pontevedra investiu nestes tres anos no concello de Nigrán máis de 7,2 millóns de euros” e engadiu que “nunca na historia a Deputación investira tantos recursos en Nigrán. É máis, insistiu a presidenta, ningunha outra administración destinou tantos recursos a este concello”. Neste contexto, Silva instou ás demais institucións a seguir o exemplo, “como a autonómica, dixo, da que a veciñanza de Nigrán segue a esperar investimentos e servizos porque é xusto e meréceo, porque investir nun concello como este é investir en toda a comarca e en toda a provincia”, rematou.

Pola súa banda o alcalde e deputado provincial, Juan González, afirmou estar “moi satisfeito, como alcalde e como veciño, por dar un paso máis cara ese Nigrán para todos que queremos construír”. Tamén sinalou que “a biblioteca vai a dinamizar Nigrán, para que a Vila deixe de ser e de que a xente pense que oamente é unha creemos que será un símbolo do Nigrán do presente e do futuro”. Segundo afirmou o alcalde, “dentro de catro meses, poderemos gozar dun espazo completamente diferente do que estaremos realmente orgullosos”.

Tal e como se explicou durante a visita, o carácter social e cultural desta obra queda reflexado na intención de crear unha biblioteca que albergue espazos dedicados, tamén, á celebración de distintas actividades para persoas de todas as idades e ao ocio infantil, como é o caso da aula multiusos que se situará na planta baixa do edificio.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies