Inicio Baixo Miño A Guarda Un dique de pedras de setenta metros protexerá a duna e evitará...

Un dique de pedras de setenta metros protexerá a duna e evitará a degradación do areal da Lamiña e do Muíño na Guarda

Un dique de pedras de setenta metros protexerá a duna e evitará a degradación do areal da Lamiña e do Muíño na GuardaCostas vai realizar unha actuación de urxencia para evitar a degradación do areal da Lamiña e do Muíño na Guarda. O alcalde, Antonio Lomba, acompañou á subdelegada do Goberno xunto a responsables da xefatura territorial de Costas na praia onde recibiron explicacións do proceso  construtivo.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, acompañada do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, recibiron hoxe as explicacións da xefatura territorial de Costas sobre a actuación de urxencia que van a acometer na praia de A Lamiña en Camposancos.

A praia, tal e como puido comprobar a propia subdelegada persoalmente, está sufrindo unha erosión do Río Miño que pode chegar a provocar a desaparición de todo o areal e incluso que o río se adentre no piñeiral cercano nunha zona con catalogación de Rede Natura.

Esta actuación de urxencia, que desenvolverase nos próximos días, vai crear un dique duns setenta metros de longo conformado por pedras de dous mil quilos sobre unha cuberta de xeotextil. O orzamento da actuación achegase aos 130.000 euros e vaise facer pola empresa Tragsa  rematando  o próximo 20 de novembro.

Maica Larriba comprobou esta mañá xunto co alcalde de A Guarda a situación na praia onde varios árbores atópanse a piques de caer a auga ao quedar as súas raíces o aire polo efecto da auga que vai eliminando a area da praia e do sistema dunar con que goza Camposancos. A subdelegada mostrou a súa satisfacción por esta actuación de urxencia, que conta coa autorización dos servizos de medio Ambiente da Xunta e do Goberno portugués, mentres  rematase coa redacción do proxecto definitivo de actuación integral neste marxe da beira do río Miño.

Esta actuación demorouse no tempo pola necesidade de contar con todas as autorizacións pertinentes ao tratarse dunha zona en Rede Natura e tamén por ter incidencia na liña de fronteira con Portugal. De feito, Larriba quixo transmitir o seu agradecemento as autoridades do país veciño pola a súa axilidade a hora de conceder a autorización.

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, valorou moi positivamente o inicio destas actuacións, que permitirán reducir o impacto do deterioro do litoral deste emblemático e visitado espazo do noso municipio como é a Praia da Lamiña e a do Muíño. Unhas actuacións moi demandadas que, aínda que se trata dunha escolleira provisional, protexerá o impacto sobre este litoral de xeito inmediato ata que se execute o proxecto definitivo, agradecendo tamén a implicación de todas as administracións con competencias neste espazo natural de importante valor medioambiental.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies