spot_img
InicioVal MiñorNigránUn centenar de personas arroupa ao Club Baloncesto Nigrán e á AECC...

Un centenar de personas arroupa ao Club Baloncesto Nigrán e á AECC na marcha simbólica contra o cancro

un-centenar-de-personas-arroupa-ao-club-baloncesto-nigran-e-a-aecc-na-marcha-simbolica-contra-o-cancro

O relevo saíu ao mediodía do Concello de Nigrán e concluíu no  Pavillón de Panxón, onde se gardou un minuto de silencio polas vítimas desta enfermidade

Un centenar de persoas acompañaron hoxe ao Club  Baloncesto Nigrán e á Asociación Española contra o Cancro (AECC) na marcha simbólica organizada esta mañá en solidariedade coas vítimas desta enfermidade. A carreira de relevo, na que os participantes se ían pasando unha pelota de baloncesto, partiu ás 12.00 horas do Concello de Nigrán pasando polo paseo marítimo de Panxón para concluír no polideportivo, onde se depositou o esférico a modo de facho olímpico e se gardou un minuto de silencio polas personas que cada día loitan contra o cancro e aqueles que non conseguiron gañarlle a batalla.

comillasEste acto vén inaugurar o II Torneo Basket Sen Barreiras, que se levará a cabo este luns e martes no polideportivo

O CB Nigrán quixo inaugurar así a segunda edición do Torneo Basket Sen Barreiras, que se celebra os días 21 e 22 de marzo no Pavillón de Deportes de Panxón cun carácter solidario: recadar fondos para a investigación do cancro. Á marcha acudiron o alcalde de Nigrán, Juan González, o concelleiro de Deportes, José Luis Sanromán, ademais de integrantes do club, veciños e membros da AECC e do Centro Juan María.

un-centenar-de-personas-arroupa-ao-club-baloncesto-nigran-e-a-aecc-na-marcha-simbolica-contra-o-cancro

A competición desenvolverase este luns e martes dende as 10.30 ás 18.30 horas, na que máis de 170 xogadores repartidos en trece equipos buscarán romper obstáculos a través do deporte cun fin solidario. Á cita non faltarán membros do Club AMFIV (Asociación de Minusválidos Físicos de Vigo), o Centro Juan María e os centros escolares de Camos, Vilariño e o CEIP Humberto Juanes, que disputarán distintos partidos, ademais de aportar un donativo para a loita contra o cancro. Aqueles que acudan ao torneo e queiran colaborar coa AECC, poderán facelo depositando un donativo na urna habilitada a tal efecto. Todo o recadado entregaráselles aos responsables da asociación cando conclúa o torneo.

- Publicidade -spot_img