spot_img
InicioBaixo MiñoO Conservatorio de Música de Tui organiza o IV Ciclo de Concertos...

O Conservatorio de Música de Tui organiza o IV Ciclo de Concertos de Xoves Intérpretes

o-conservatorio-de-musica-de-tui-organiza-o-iv-ciclo-de-concertos-de-xoves-interpretes

Amais, o próximo mércores presentarase en concerto “O último home de Fukushima”  de Karolis Biveinis e en abril celebrarase  a “2ª Aula Aberta de Saxofón”

O próximo luns, 21 de marzo, comeza o IV Ciclo de Concertos de Xoves Intérpretes organizado polo Conservatorio Profesional de Música e pola Escola de Música de Tui.  Conforman este ciclo un total de catro concertos que se celebrarán na sala de audicións do Conservatorio con entrada gratuíta.

A primeira cita será o próximo luns, 21 de marzo, ás 20.30h a cargo de Alma Giráldez Vázquez ao violín, Ángel Cánfora Lorenzo á tuba e Diego Álvarez Coedo, ao piano.

Xa no mes de abril celebraranse tres concertos. O luns 18 de abril a cargo de Mónica López Cerqueira á frauta traveseira, Ella Cordon Vieito ao piano e Sara Pumar Lomba, ao clarinete. O 25 de abril actuarán Felipe Fernández Vilanova á trompeta, e Antonio González Uris, ao piano. O cuarto e último dos concertos será o
venres, 29 de abril, con José Castro Martínez ao clarinete e Sergio Alonso Pazo á guitarra. Todos os concertos celebraranse na sala de audicións do Conservatorio de Música de Tui ás 20.30h e a entrada é gratuíta.

Concerto presentación de “O último home de Fukushima” de Karolis Biveinis

Por outra banda o vindeiro mércores, 23 de marzo, o Conservatorio organiza un concerto-presentación do traballo discográfico “O último home de Fukushima” do compositor e pianista Károlis Biveinis, que é profesor neste centro de estudos musicais. O Concerto será ás 20h na sala Félix Rodríguez a cargo dos alumnos do Conservatorio Profesional de Tui Juan Paramos, Alberto Bernárdez, Gonzalo González, María Álvarez, Oscar Mirás, Diego Álvarez, Diego Santamaría, Antonio González, Julia Portela i Ella Cordón ao piano; Miguel Bargiela e Néstor Lomba ao saxofón; Julia Rodríguez ao violín; José Castro e Sara Pumar ao clarinete; Alejandra Fernández ao violonchelo; e Sergio Alonso á guitarra. Tamén actuarán coma convidados Irene Cebada ao violín, Jorge Suárez ao violonchelo, Diogo Barreira ao contrabaixo e o profesor Gabriel Silvera á guitarra.

O 1 e 2 de abril celébrase a  “2ª Aula aberta de saxofón” a cargo do profesor Rafael Yebra

Para rematar, o Conservatorio Profesional de Música de Tui organiza a “2ª Aula aberta de saxofón”, que se celebrará o 1 e 2 de abril, a cargo de Rafael Yebra, profesor no Conservatorio de Música Superior de Vigo. Colaboran na realización deste evento o Concello de Tui e a Asociación Frai Rosendo Salvado. Os interesados poden ampliar esta información ou inscribirse no correo electrónico cmus.profesional.tui@edu.xunta.es, ou persoalmente no Conservatorio Profesional de Música de Tui en horario de oficina.

- Publicidade -spot_img