spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda“Un camiño ben temperado” recuperou o intercambio cultural entre Galicia e Portugal

“Un camiño ben temperado” recuperou o intercambio cultural entre Galicia e Portugal

“Un camiño ben temperado” recuperou o intercambio cultural entre Galicia e PortugalA Clásica celebrou do 3 ao 11 de setembro “Un camiño ben temperado”, un ciclo de concertos no Camiño Portugués co apoio dos fondos O teu Xacobeo da Xunta de Galicia e que levou a música antiga ás localidades de Redondela, Baiona, Oia, A Guarda e Tui

Revista COUSAS DE nº14

O ciclo mostrou unha programación diversa do paraugas que inclúe a música antiga, programando propostas de arpa, clavecín, agrupacións de corda e voz. “As distintas propostas seguían un principio común: poñer de manifesto a relación de intercambio entre os artistas da península ibérica na nosa contorna, así como a importancia dos arquivos como fontes vivas para a investigación e a inspiración”, explica Manuel Martínez Torres, director do ciclo.

Unha boa mostra desta premisa foi o concerto de onte, domingo, na catedral de Tui, coa participación da agrupación Metáfora das Flores. O programa xirou arredor da obra do compositor Frei Francisco São Boaventura, artista do Porto do que destacamos a interpretación do seu réquiem, a única obra deste estilo composta nesta época en Portugal.

Os concertos conseguiron rescatar o espírito do Camiño e a súa esencia de intercambio cultural entre artistas, público e patrimonio. O director do ciclo destaca a excelente resposta do público. Un total de mil persoas asistiron aos cinco concertos, enchendo os templos en catro dos cinco eventos. “Comprobamos unha mestura entre público local e persoas que se desprazaban aos espazos desde distintos lugares, repetindo en moitos casos e seguindo todos os concertos do ciclo para escoitar estas propostas”, afirma Martínez Torres. “Existiu unha conexión moi interesante entre público e artistas, que foi reforzada pola conexión co patrimonio e a paisaxe de cada un dos espazos nos que realizaron os concertos”, conclúe.

- Publicidade -spot_img