spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO Multiúsos da Xunqueira, escenario da presentación do Proxecto Argos. Memoria e...

O Multiúsos da Xunqueira, escenario da presentación do Proxecto Argos. Memoria e Patrimonio baixo a ría

https://www.cousasde.com/revista-cousas-de-no14/A iniciativa do Concello de Redondela e o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy desenvolverase o vindeiro 24 de setembro e inclúe conferencias, proxección dun documental e unha exposición

Revista COUSAS DE nº14

A Casa do Concello de Redondela foi escenario, na mañá de hoxe, da presentación do Proxecto Argos. Memoria e patrimonio baixo a ría, iniciativa conxunta do Concello redondelán e do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy que busca poñer o foco de atención sobre a necesidade de documentar e protexer o patrimonio subacuático para evitar o seu saqueo e desaparición.

O acto de presentación estivo presidido pola alcaldesa Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Patrimonio, María Castro, e membros do Obradoiro de Estudos Locais. Rivas destacou a importancia deste proxecto que, baseándose na experiencia dos achados da ría de Ribadeo dos que se da conta nunha extraordinaria reportaxe “chama a atención sobre o concepto ‘patrimonio’ visto dende un xeito global” xa que, segundo a rexedora redondelá “adoitamos considerar patrimonio só o que está a vista cando, a nosa ría ao igual que a de Ribadeo, contén numerosas testemuñas da historia que é preciso catalogar, documentar e protexer”.

Unha vez máis, di a alcaldesa, “o Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy amosa a súa capacidade de traballo á hora de defender a nosa historia a través da protección do noso patrimonio, nunha labor altruísta e, sen dúbida, impagable”.

O Proxecto Argos será presentado o sábado 24 de setembro ás 19 horas no multiúsos da Xunqueira nun acto que contará cos relatorios Proxecto Argos, a cargo de José María Sanjurjo Peña, presidente do Club de Actividades Subacuáticas Illa Pancha; Arqueoloxía Subacuática entre Galicia e Asturias, impartido por David Fernández Abella, investigador da Universidade de Santiago de Compostela e director do Proxecto Argos; Que historia nos conta a cerámica da ría?, por Miguel Busto Zapico, investigador, Grupo PRINMA, Universidade de Granada e A busqueda do tesouro de Rande. Breve historia das expedicións, a cargo de Yago Abilleira Crespo, investigador de historia naval en Pontevedra.

De seguido procederase á proxección do documental, dirixido por Manuel Vázquez González Memoria e patrimonio baixo a Ría e, finalmente, realizarase unha visita a exposición instalada na sala número 1 do Multiúsos da Xunqueira, mostra que poderán visitar todas as persoas interesadas ata o vindeiro 15 de outubro.

- Publicidade -spot_img