spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda“Un camiño ben temperado” arranca este sábado en Redondela

“Un camiño ben temperado” arranca este sábado en Redondela

“Un camiño ben temperado” arranca este sábado en RedondelaO ciclo levará a música antiga a cinco puntos da ruta xacobea portuguesa. O ciclo que comeza este sábado en Redondela, continuará durante unha semana nos concellos de Baiona, Oia, A Guarda e Tui.

Revista COUSAS DE nº14

A Clásica presentou onte en Redondela “Un camiño ben temperado”, un ciclo de cinco concertos de música antiga no Camiño Portugués que xuntará a artistas das dúas marxes do río Miño para poñer en valor o pasado musical común de Galicia e Portugal. O ciclo comezará este sábado, 3 de setembro, en Redondela e continuará durante a semana seguinte nos municipios de Baiona (5 de setembro), Oia (7 de setembro), A Guarda (9 de setembro) e Tui (11 de setembro).

Os arquivos das catedrais supoñen unha fonte de gran valor para a interpretación e a investigación musical da nosa contorna, pois cada un deles conserva a música que se interpretaba nos espazos relixiosos das dioceses. “O Camiño de Santiago era unha vía de conexión entre artistas e instrumentistas do norte de Portugal e Galicia. Con este proxecto queremos poñer en valor ese intercambio constante, a comunicación histórica e as influencias entre os dous países a través do repertorio histórico destes territorios”, comenta Manuel Martínez Torres, director do ciclo.

“A través da música culta e a música sacra, que se relacionan dunha forma directa coa cultura xacobea, este ciclo proporcionará experiencias que recollen o espírito do Xacobeo de intercambio cultural, é dicir, unha programación cultural de todos e para todos na que tamén valoramos moito o traballo de colaboración cos Concellos”, destacou Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo. Pola súa parte, a concelleira de Cultura do Concello de Redondela, Iria Vilaboa, deixo que “estamos felices e agradecidos de acoller a apertura do ciclo en Redondela, que ademais é o punto de unión dos dous camiños da costa. Tamén porque é unha oportunidade para escoitar a arpa, un instrumento tan pouco recoñecido e de tanto valor, nun enclave cunha acústica tan especial como a da igrexa”.

Co programa de “Un camiño ben temperado”, a Orquesta Clásica de Vigo procura xerar un espazo de troco e posta en común arredor da interpretación historicamente informada do repertorio ibérico e as súas ligazóns co exterior. Ademais, a orquestra promove a conexión entre artistas galegos e portugueses a través do patrimonio histórico do sur da provincia de Pontevedra, nun espazo correspondente coa diocese Tui-Vigo.

O programa contará coa presenza de artistas das dúas beiras do Miño: Manuel Vilas (arpa), Mario Braña (violín barroco), Elsa Pidre (violonchelo barroco), I Colori Dell’Armonia (Andoni Conde, Mariña García-Bouso, Roberto Alonso e Marta López), Daniel Oliveira (clavecín) e Metáfora das Flores con Magna Ferreira na dirección musical. A entrada a todos os concertos será de balde ata completar capacidade do espazo.

Revista COUSAS DE nº14

“Un camiño ben temperado” está financiado cos fondos do programa “O teu Xacobeo” da Xunta de Galicia.

Programación

3 de setembro, ás 21h na Igrexa de Santiago (Redondela)

“Luz e Norte: música para arpa no mundo hispano. Séculos XVI ao XVIII”, con Manuel Vilas

5 de setembro, ás 21h, na Colexiata de Santa María (Baiona)

“Música ibérica para a nobreza do século XVIII”, con Mario Braña (violín barroco) e Elsa Pidre (violonchelo barroco)

7 de setembro, ás 20h, na Igrexa de Santa Uxía de Mougás (Oia)

“Triosonatas di chiesa e camera”, coa agrupación I Colori Dell’Armonia

9 de setembro, ás 20h, na Igrexa de Santa María (A Guarda)

Concerto de clavecín, con Daniel Oliveira (clavecinista). Nota: a actuación do músico lisboeta substitúe á previsto de João Janeiro, que tivo que cancelar por motivos persoais.

11 de setembro, ás 18:30h, na Catedral de Tui

“Requiem para o mosteiro de Santa Clara”, coa agrupación Metáfora das Flores baixo a dirección musical de Magna Ferreira.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.