spot_img
InicioO SalnésO GroveO Piragüismo Portonovo campión autonómico

O Piragüismo Portonovo campión autonómico

O Piragüismo Portonovo campión autonómicoO pasado sábado celebrouse nas inmediacións do Pavillón de Deportes Náuticos “Tono Campos” do Grove, o Campionato Galego Alevín, Benjamín e Prebenjamín 2022.A competición contou con preto de 700 deportistas.

Revista COUSAS DE nº14

A clasificación por equipos despois de todas as regatas do día quedou encabezada o Club Confraría de Pescadores Portonovo cun total de 9019 puntos, o segundo posto con 6966 puntos levoullo o Club de Mar Ría do Aldán e terceiro con 6912 puntos foi o Club Náutico O Muiño.

A primeira saída da xornada sería para os homes Prebenjamín onde as tres primeiras posicións ocupáronas Adrián Pérez (E.P. Ciudad de Pontevedra), seguido por Nizan Dopico (Piragüismo Narón) e Mateo Collazo (Piragüismo Río Verdugo). Na clasificación feminina a vencedora foi Lucía Iglesias (O Muiño), mentres que Xara Paz (Piragüismo Ourense) foi segunda e Uxía Fouce (Fluvial de Lugo) terceira.

A competición continuaba coa participación das mulleres da categoría Benjamín A en a que Aitana Casal (Piragüismo Verducido) facíase coa medalla de ouro, a prata e o bronce serían para Sofía Iglesias (Náutico de Miño) e Valeria López (Fluvial de Lugo). Isabella Rodríguez (Fluvial Avión) gañaba a proba de Benjamín B, por diante de Raquel Carballo (Kaiak Tudense) e Alba Queiro (Piragüismo Vilagarcía).

Os tres primeiros clasificados da categoría home benjamín A serían para Lucas Caride (Ría de Aldán), Iago Paz (Piragüismo Ourense) e Diego López (Náutico de Miño). Pola contra, Mateo Pérez (Piragüismo Verducido), Tiago Reguera (Ría de Aldán) e Enzo Rodríguez (Portonovo) completaron o podio en Benjamín B.

A continuación, Claudia Lamas (Portonovo) cruzaba a liña de meta en primeiro lugar da categoría muller Alevín B, seguida por Marta Rosales (E.P. Ciudad de Pontevedra) e Sofía Vallejo (Portonovo). O podio masculino completábano Xoel Timiraos (Piragüismo As Pontes) e os dous deportistas Martín Feijoo (Piragüismo Altruán) e Leo Bernal (Piragüismo Veruducido).

Coas regatas dos homes e mulleres Alevíns A terminaríase a competición. As tres primeiras posicións do podio feminino sería para Carla Currais (Náutico Cobres), Laura Ventura (Piragüismo Verducido) e Manuela Lastra (Piragüismo Altruán) respectivamente. A carreira masculina gañábaa Aarón Viso (Fluvial Avión), mentres que a segunda e terceira posición sería para Antón Torre (Piragüismo Vilagarcía) e Martín García (Piragüismo Altruán).

- Publicidade -spot_img