Inicio Baixo Miño A Guarda Un ano mais a Festa da Langosta de A Guarda atrae a...

Un ano mais a Festa da Langosta de A Guarda atrae a milleiros de persoas

-ano-mais-a-festa-da-langosta-de-a-guarda-atrae-a-milleiros-de-persoas

Baixo un sol que acompañou durante toda a fin de semana, A Guarda recibiu preto de dez mil persoas durante os días 1, 2 e 3 de xullo nos que se celebrou a recoñecida Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.

Xa son 26 os anos que esta Festa leva atraendo a milleiros de persoas que chegan para desfrutar de tres días cheos de música, numerosas actividades para todos os públicos e, sobre todo, unha gran variedade de pratos da cociña mariñeira, coa langosta como a raíña indiscutible.

Esta edición da Festa da Langosta deu comezo o venres día 1 pola noite na Praza do Reló, onde guardeses, guardesas e visitantes abarrotaron o lugar para escoitar o pregón do recoñecido humorista Dani Delacámara, que foi introducido polo alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz. O pregoeiro, ademais de alabar a gastronomía da zona e á langosta en particular, comoxeito de desfrutar da vida, tamén deixou a súa pegada cun pregón cheo de humor e imitacións que provocaron as risas de toda a praza. Unha vez rematado o pregón, todos os presentes dirixíronse á carpa situada no Porto da Guarda e que acolleu a Festa para dala por inaugurada e, mentres comenzaban a desfrutar de tódolos deliciosos produtos da cociña mariñeira que alí se servían, o pregoeiro ofreceu o seu monólogo “Humor en defensa propia”. Tras non parar de rir durante máis dunha hora, a noite acabou coa actuación da orquestra FUTURO.

A segunda xornada da Festa comezou o sábado pola mañá coa XXI edición da Travesía a nado Porto da Guarda, unha cita obrigada para centos de amantes do deporte vidos dende as distintas vilas dos arredores e do norte de Portugal. Foron moitos os valentes de todas as idades que se animaron a participar nesta tradicional proba, da que resultaron gañadores absolutos Alberto González Martínez e Sara Ibáñez Carrera.

Tras facer exercicio tocaba repoñer forzas na carpa cos deliciosos pratos que alí confeccionaban os catro restaurantes participantes, todo isto amenizado pola actuación do grupo local 2MIS. Xa pola tardiña, o Porto da Guarda transformouse nun plató de televisión. O programa da TVG Aquí Galicia retransmitiu en directo a súa emisión con numerosas actuacións, entrevistas ós presentes e moita diversión. O sábado rematou cunha noite que se caracterizou pola gran afluencia de comensais que acolleu a carpa, uns comensais que ademais tras a cena participaron no serán mariñeiro, con actuacións de grupos de música tradicional que se prolongou ata altas horas da madrugada.

A afluencia durante toda a fin de semana foi moi destacada, pero o gran día foi o domingo, cando familias enteiras encheron non só a carpa do Porto para degustar as delicias da cociña mariñeira, senón as rúas da vila, onde puideron visitar a recoñecida Feira de Artesanía, que recibiu moi boas críticas dos visitantes. Tamén tiveron a oportunidade de percorrer as rúas da vila no Tren Turístico, ou facer visitas guiadas na REDE DE MUSEOS, tanto no Museo do Mar, como no Castelo de Santa Cruz e no Monte Santa Trega. Ademais, a actividade non paraba no Porto da Guarda e o domingo volveron a amenizar a mañá os pasarrúas do grupo tradicional BOALLEIRA. Logo colleu o testigo o grupo local de pop-rock SONGODIN’S para acompañar mentres centos de visitantes se dispoñían a degustar as marabillas gastronómicas alí presentes.

Chegada a tarde os máis pequenos puideron cantar, bailar e rir a máis non poder co espectáculo infantil “Uxía lambona e banda molona”. Para cerrar a existosa xornada do sábado, a Festa da Langosta contou coa actuación da fadista portuguesa, Marla Amastor, que foi moi recibida pois o fado é un xénero moi apreciado na Guarda

Pechouse así unha nova e exitosa edición da Festa da Langosta, pola que pasaron preto de 10000 persoas que degustaron todo tipo de produtos da cociña mariñeira. A raíña continuou a ser a langosta, da que se degustaron máis de 500 quilos. Pero os visitantes querían probar de todo e outros produtos tamén foron moi solicitados. Destacan o polbo, do que se venderon máis de 150 quilos; as empanadas variadas, con máis de 600 racións repartidas; as 300 racións de paella e outros pratos moi buscados como a tortilla de gambas, os buñuelos de rape, os mexillóns, as navallas, etc. Entre o doce, o roscón de xema segue a ser o mellor valorado e se venderon máis de 50 quilos deste delicioso postre, ao que moitos acompañaron con larpeiras ou distintos chocolates, tamén presentes na Festa.

O concello da Guarda non pode máis que agradecer a todos os visitantes que decidiron acompañarnos nesta XXVI edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Tanto á xente que repite e leva anos voltando a esta cita como ós que a descobren por primeira vez, todos eles procedentes de distintos puntos da xeografía galega, dende O Grove á Coruña ou Lugo; de diversos puntos de España, cunha gran presencia de asturianos; e doutros países, dende Alemaña ata australianos que viñeron dende a outra punto do mundo para degustar algúns dos mellores pratos gastronómicos. Por todo isto conclúe a Festa cunha valoración global moi positiva, non só pola afluencia de xente que quixo desfrutar desta celebración, senón en especial pola participación da xente nas diferentes actividades culturais e deportivas, que tiveron unha gran acollida.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies