spot_img
InicioBaixo MiñoA TVG emite a primeira 'Docuserie' sobre o Camiño Portugués da Costa

A TVG emite a primeira ‘Docuserie’ sobre o Camiño Portugués da Costa

a-tvg-emite-a-primeira-docuserie-sobre-o-camino-portugues-da-costa

A pesar de que é un dos Camiños a Santiago máis fermosos e espectaculares, o Camiño Portugués da Costa tamén é un dos máis descoñecidos.

Para todos aqueles que aínda non o coñecen ou que desexan saber un pouco máis sobre a súa historia e sobre os lugares polos que transita, este vindeiro martes 5 de xullo, a Televisión de Galicia emitirá un programa adicado en exclusiva á difusión desta ruta.

Este programa, o primeiro docushow sobre o Camiño Portugués a Santiago da Costa, terá un formato innovador coa fin de dar a coñecer non só este Camiño senón tamén co obxectivo de promover a cultura e o turismo das vilas polas que pasa o Camiño dun xeito dinámico e atractivo.

Para isto, a canle pública galega realizou unha docu ficción, cun marcado tono cómico, que fará esta promoción a través dunha historia de ficción de ocio-amor entre un home e unha muller que emularán as trece etapas da ruta. Durante eses trece programas percorrerán as vilas que separan O Porto e Santiago, cunha parada moi especial na Guarda, a primeira vila do Camiño en terras galegas.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.