Mario Larrondo conseguiu ‘colarse’ de novo entre os finalistas do certame “Llena tu mundo de vida”, como xa fixera na anterior edición
O alcalde de Nigrán, Juan González, e Aqualia, entregaron esta mañá o premio do XIII Concurso Internacional de Debuxo Infantil “Llena tu mundo de vida” a un alumno do Colexio Estudio de Chandebrito que, por segundo ano consecutivo, se proclamou finalista neste certame organizado pola empresa de xestión de auga Aqualia. Mario Larrondo Pérez-Izaguirre, de 11 anos, e que actualmente cursa 5º de Primaria neste centro educativo, resultou galardoado na categoría individual desta nova edición da convocatoria, na que participaron 8.500 alumnos de España e Portugal.
O concurso, que cada ano recibe máis debuxos de escolares e colexios, pretende concienciar aos rapaces sobre o servizo público que se presta da auga con motivo do Día Mundial da Agua, que se celebra o vindeiro 22 de marzo. Está aberto a estudantes de 3º e 4º de Primaria dos municipios nos que Aqualia xestiona o ciclo da agua, os cales teñen que crear o seu lugar ideal e dotalo de vida levando a agua a persoas, animais e prantas.
A entrega do premio, que consistía nun xogo para crear unha horta, tivo lugar na aula na que Mario recibe as súas clases, no CPR Estudio, e ademais do rexedor de Nigrán, contou coa presenza de José Luis Sanromán, o concelleiro de Deportes, a Xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago, e a directora do centro, Begoña Amado.
González aproveitou para recordar a necesidade de sensibilizar ao alumnado sobre o aforro e o uso responsable da auga para contribuír ao desenvolvemento sostible da nosa contorna, e sinalou que concursos coma o de Aqualia favorecen a aprendizaxe e toma de conciencia dos rapaces co coidado do medio ambiente dunha forma lúdica e divertida.
Neste link podedes ver o debuxo co que gañou:




