spot_img
InicioBaixo MiñoTui recibirá 291 mil euros do FEDER con cargo ao proxecto Fortalezas...

Tui recibirá 291 mil euros do FEDER con cargo ao proxecto Fortalezas Abaluartadas

tui-recibira-291-mil-euros-do-feder-con-cargo-ao-proxecto-fortalezas-abaluartadasTui vai recibir 291.175,50€ de fondos europeos FEDER para a recuperación do baluarte do Diaño da muralla . Trátase do 75% do investimento previsto que ascende a 388.232,67€.

Revista Cousas de nº21

Tui é un dos cinco municipios que forman parte do proxecto “A paz europea a través das fortalezas abaluartadas da Raia”, xunto aos portugueses de Valença, Almeida e Marvão e o español de Ciudad Rodrigo.

Este proxecto suporá o investimento total de 1.199.203,50€ dos que 899.402,62 será financiados a través do fondos FEDER a través do programa Interreg España-Portugal.

Estes cinco municipios van desenvolver unha estratexia conxunta de desenvolvemento baseada no patrimonio cultural tendo en conta a innovación, preservación, sensibilización e capacitación reforzando unha oferta turística temática.

Con esta actuación Tui continúa traballando pola conservación do seu patrimonio histórico, neste caso ligado á muralla. A súa posta en valor forma parte tamén das actuacións que se levan a cabo no conxunto histórico, coma a rehabilitación do Cárcere Vello, o proxecto de reforma da iluminación da zona ou a ansiada recuperación do Teatro Principal.  Todo isto redundará na conservación e dinamización do conxunto histórico de Tui, o segundo de maior extensión en Galicia despois do de Santiago de Compostela. Tamén incidirían positivamente estas accións na dinamización turística da zona.

- Publicidade -spot_img