Inicio Baixo Miño Tui presenta unha programación “segura” para volver ao Teatro no outuno

Tui presenta unha programación “segura” para volver ao Teatro no outuno

Tui presenta unha programación “segura” para volver ao Teatro no outuno“Volvemos ao teatro” é o lema da programación de outono que dende este venres, 16 de outubro, e até o 21 de novembro se vai celebrar no Teatro Municipal de Tui e que foi presentada esta mañá polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, e o músico Samuel Diz.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, destacou que “esta programación ambiciosa reflicte perfectamente o compromiso deste concello coa cultura, con algo que sempre nos identificou moitísimo. Non podemos olvidar que a programación cultural de Tui é recoñecida máis aló das nosas fronteiras, nos engade un selo de calidade e nos singulariza”. Nese senso indicaba “o compromiso deste goberno de seguir con esa estela da nosa programación cultural, para que siga sendo dun referente máis aló do ámbito territorial que nos ocupa”.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou que con “Volvemos ao teatro” mantense a actividade no Teatro Municipal achegando espectáculos os venres e sábado para todos os públicos con teatro, música e danza.  Dicía a concelleira “agardo que a xente disfute no Teatro” destacando que “a cultura é segura”.  Salientou que a capacidade do patio de butacas redúcese ao 33% de tal xeito que para cada evento poranse á venda 180 localidades. Contarase cun protocolo COVID 19. As entradas poranse á venda o luns da semana do espectáculo até unha hora antes do mesmo a través de tui.gal, sendo este o método preferente de compra. Tamén se poderán adquirir no despacho de butacas na Área Panorámica o propio día unha hora antes do inicio.

Tui acolle o estreo de “Memoria da Melancolía” o último proxecto musical de Samuel Diz

Pola súa parte Samuel Diz, lembrou coma o concerto “Memoria da Melancolía” que ofrecerá este venres estaba previsto para o mes de marzo e daquela tivo que ser adiado debido á pandemia do coronavirus. Ía ser estreado en Tui pero debido ao aprazamento foi a primeira posta en escena tivo lugar en setembro na casa de Lorca.  Este venres estará acompañado no escenario por Benxamín Otero e Yolanda Castaño, e cunha réplica da guitarra de Lorca intepretará un percorrido polas músicas da Xeración do 27 e do exilio republicano español, moitas delas inéditas, atopadas en diferentes arquivos, seguindo a pegada de María Teresa León polo mundo”. Agradecía Samuel Diz o compromiso do Concello de Tui por manter esta programación de outono. As entradas para este concerto poranse á venda mañá mércores ás 20 h aos prezos de 6€ e 5€ en tui.gal.

A programación está conformada por oito espectáculo de música, teatro, e danza para público infantil e adulto.

Memoria da Melancolía” é o concerto de Samuel Diz que abre esta programación este venres, 16 de outubro, ás 21.30 h.  A seguinte cita será o venres, 23 de outubro, ás 21.30h con Redrum Teatro e a comedia negra “Idiota” interpretada por Machi Salgado e Susana Sampedro. O sábado 24 de outubro, ás 18.30 h, Galeatro presenta “Carabela” unha obra para público familiar recomendada a partir dos 4 anos. “So”, un espectáculo novo circo, é a proposta prevista o venres, 30 de outubro, ás 19.30 h da man de Xampatito Pato. Mentres o venres, 6 de novembro, ás 21.30 h está programada a traxicomedia “Dúas donas que bailan” de Teatro do Atlátnico.  A versión teatral do libro “Esio Trot” de Roald Dahl chegará o sábado, 7 de novembro, ás 18.30 h con  Pérez&Fernández e o espectáculo para público familiar  “Aguratrat“.  Pecha esta programación o venres, 20 de novembro, ás 19.30 h Avento Produccións o espectáculo para público infantil e familiar dende os 3 anos “Ummm unha comedia musical para chupar os dedos“, e o sábado 21 de novembro, ás 20.30 h La Macana achega o espectáculo de danza contemporánea “Pink Unicorns”.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies