Inicio Pontevedra Baixo Miño Tui presenta a súa programación para o verán

Tui presenta a súa programación para o verán

Cinema, música xunto a Festa do Miño e Arraianos conforman a oferta estival en Tui

Cinema e música protagonizan a oferta cultural para os meses de xullo e agosto en Tui xunto á VII Festa do Miño e o II Festival Arraianos. Trátase dunha programación dirixida a todos os públicos pensada para disfrutar na rúa.  Con estas propostas ábrese a Axenda Corredoira Cultural do segundo semestre do ano que recolle a programación prevista ata o mes de decembro. A presentación da mesma tivo lugar esta mañá na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, María José Gonzaléz, xunto a Adolfo Besada e Alejandro Otero, das bandas de música de Tui e Xinzo, Alfonso González, da Noite Internacional do Miño e Javier Argüelles de Arraianos.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, afirmou na súa intervención que a Axenda Corredoira Cultural é única en concellos do mesmo tamaño que Tui, recollendo non só eventos de ámbito local senón tamén internacional. Unha axenda que dicía pon de relevo o importante movemento asociativo e cultura que hai no municipio, e que serve de transmisión do patrimonio arquitectónico, histórico e cultural do que goza a cidade.

A concelleira de Cultura, María José González, explicou que a programación estival conta cun orzamento de 45 mil euros de fondos propios. Investimento dirixido a presentar unha oferta diversa para todos os públicos. Por outra parte lembrou que este ano o Festival Música no Claustro – cita consolidada no verán tudense – non se celebrará debido as obras que se están a realizar no templo catedralicio.

O cinema na rúa abre o abano de actividades ofertadas. Será o próximo xoves, 20 de xullo, ás 22.30h coa proxección de “Canta!” na Praza de San Fernando. Esta é a primeira das películas de animación programadas á que se sumarán no mes de agosto “Los Pitufos. La aldea escondida”, “Mascotas” e “Trolls”.

A música chegará do 21 ao 25 de xullo co V IKFEM, o Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade que comezará cun concerto único na vella Ponte Internacional o próximo venres a cargo de Best Boy, Abe Rábade e Javier Otero e dez pianos simultáneos. Tamén ten previstos outros eventos musicais en lugares emblemáticos coma a Fortaleza de Valença, na Catedral de Tui e na igrexa de San Domingos, amais das masterclases de instrumentos de tecla que se celebrarán ao longo de cinco días.

O martes, 25 de xullo, o Parque do Laxal en Rebordáns acollerá unha cita internacional co folclore plenamente consolidada coma é a XVIII Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Baile e Música San Fins. Alfonso González membro da organización explicou que este ano estarán representados Kenia, Letonia, México, e Xeorxia. Un festival no que levan traballando todo o ano co apoio de toda a parroquia.

tui-presenta-sua-programacion-veranO son das bandas de música populares encherá a Praza de San Fernando o sábado, 5 de agosto, coa vixésimo sexta edición do Festival de Bandas de Música no que a Banda de Música Xuvenil de Xinzo será a agrupación convidada e a Banda de Música Popular de Tui a anfritrioa. Adolfo Besada, director da Banda de Música Popular de Tui destacou que este é un dos festivais destas características máis antigos de Galicia que ten amais a particulariedade de celebrarse nun lugar emblemático xunto á Catedral. Mentres o xefe de estudos da Escola de Música de Xinzo, Alejandro Otero, destacou que no seu concerto ofrecerá un repertorio divertido para o disfrute do público.

Unha ampla xornada festiva na que deporte, gastronomía e lecer van da man é a prevista para o sábado, 19 de agosto, coa VII Festa do Miño. A Romaría Popular en Caldelas, o Descenso Popular e o Descenso Internacional xunto á Festa Gastronómica e o concerto de Mitic centran a oferta dun evento no que o Concello de Tui traballa para que sexa declarado Festa de Interese Turístico Galego.

A programación estival pecharase na segunda fin de semana de setembro coa segunda edición do Festival Internacional da Memoria Arraina “Arraianos”. Tras unha excelente acollida por parte do público o ano pasado regresa a viaxe á época medieval con ambientación nas rúas e prazas, mercado medieval, proposta gastronómicas, Survival Zombi… Javier Argüelles, membro da organización avanzou coma novidades a celebración de xustas medievais e dunha ruta do pinchos.

Por outra parte entre o 6 de outubro e o 22 de decembro o Teatro Municipal de Tui acollerá os dez espectáculos previstos na programación de Outono/Inverno. Haberá dúas estreas de espectáculos en Tui da man de Trompicallo e Artesacía. Dos dez espectáculos a metade van dirixidos a público infantil e a outra metade a público adulto con compañías coma Trompicallo, Ilmaquinario, ArtesaCía, María Fumaça, A Panadaría, Pistacastro, Caramuxo, Redrum e Contraproducción. O peche do ano será musical co concerto de Nadal que ofrecerá a Orquestra Sinfónica de Tui.

Toda esta programación ven recollida nun novo número de Axenda Corredoira Cultural, da que se editan 15 mil exemplares que son distribuídos en Tui e Valença.

Ver Axenda Corredoira Cultura

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
307SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies