Tanto a Ruta Xudía coma o novo produto turístico do Xeodestino Baixo Miño – Ría de Vigo centran a súa participación
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, asistirá no marco da Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) a diversas presentacións onde se promoverán os recursos turísticos da nosa cidade.
En concreto a actividade estará centrada no mércores 23 de xaneiro, cando a nosa cidade estará protagonizando as seguintes actividades:
- Acto Institucional no stand da Red de Juderías Pavillón 9 -Stand 9A04B, con especial presenza dos novos socios desta Rede, un deles a cidade de Tui, incorporados no pasado ano 2019.
- Presentación xeodestino Baixo Miño en stand de Turismo de Galicia, 9C07/09 coa presentación dun novo produto turístico da comarca no que Tui ten especial protagonismo
- Presentación “Legado judío en Galicia: Monforte, Ribadavia y Tui” en stand Turismo de Galicia, 9C07/09 no que participarán:
- Alcalde de Monforte de Lemos tamén Presidente da Deputación de Lugo
- Alcalde de Ribadavia
- Alcalde de Tui
- Directora de Turismo de Galicia
- Xerente da Red de Juderías de España
Amais manterá contactos con outras organizacións de carácter turístico e cultural e relacionadas co Camiño de Santiago co obxectivo de impulsar a promoción turística da nosa cidade e o seu territorio, dende o convencemento que estamos diante dun sector estratéxico para a nosa cidade ao que cómpre apoiar e impulsar.
A presenza tudense en Fitur, auténtico escaparate do sector, é unha nova oportunidade para promover o coñecemento dos recursos turísticos da nosa cidade, centrados no patrimonio cultural tudense e a ruta xacobea.



