Inicio Baixo Miño Tui inicia o Ano Santo coa exposición “De Mar a Mar: o...

Tui inicia o Ano Santo coa exposición “De Mar a Mar: o Camiño de Santiago en 3d”

Tui inicia o Ano Santo coa exposición “De Mar a Mar o Camiño de Santiago en 3d”A Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica acolle dende esta semana, e até o 10 de febreiro, a exposición “De Mar a Mar: o Camiño de Santiago en 3d”. Esta exposición chega a Tui grazas á cesión realizada por Turismo de Galicia.

As fotografías expostas realizáronse coa técnica estereográfica, polo que para a o seu visionado son precisas unhas gafas especiais que se proporcionan de balde aos visitantes.
A exposición presenta unha trintena de imaxes en tres dimensións do Camiño Portugués e do Camiño de Fisterra e Muxía en tres dimensións, con pezas espectaculares e de gran formato

O título desta mostra fai referencia ao mar das rutas atlánticas co que comeza a exposición, ao mar das costas lusitana e galega, tan ligado aos camiños portugueses de peregrinación a Santiago así como ao chamado camiño inglés, para rematar, unha vez se chega a Compostela, no océano aberto da Costa da Morte, final físico e simbólico do camiño a Fisterra e Muxía.

Na exposición amósase o Camiño de Santiago coma unha ruta universal, espiritual, histórica e monumental. É o primeiro Itinerario Cultural Europeo, que ten como meta a chegada á tumba do apóstolo Santiago o Maior en Santiago de Compostela, recollido en imaxes que representan un encontro co patrimonio histórico, a natureza, a paisaxe e a confraternidade entre as xentes peregrinas.

O concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, indica que esta exposición é a primeira actividade realizada polo Concello de Tui para abrir a celebración do Xacobeo 2021-2022. Este ano xubilar, que acaba de iniciarse, é unha excelente oportunidade para posicionar á nosa cidade como a porta de entrada en Galicia dos camiños portugueses de peregrinación a Compostela e preparar a oferta tudense de cara ao momento en que, superadas as consecuencias da actual pandemia da Covid 19, os camiños xacobeos recuperen o tránsito dos peregrinos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies