Inicio Pontevedra Baixo Miño Tui forma parte da Red de Juderías de España

Tui forma parte da Red de Juderías de España

Suporá un gran paso na posta en valor e promoción do seu patrimonio serfardí

Tui entra a formar parte da Red de Juderías de España. Así o acordou onte na súa Asemblea Xeral celebrada en Madrid esta entidade conformada por 18 municipios, que a partir de xuño estará constituída por 22 coa incorporación de Tui, Béjar, Sagunto e Lorca.  Precisamente a entrada efectiva producirase na segunda asemblea da Red a finais de xuño.

Tui presentou o ano pasado a súa candidatura para entrar a formar parte da Red de Juderías de España coma un paso importante e imprescindible para seguir pondo en valor e promocionando o seu patrimonio vinculado á presenza de xudeus e xudeus conversos na cidade. O proceso incluíu a presentación dunha memoria, a defensa da candidatura e a visita á cidade do comité avaliador. Concluíu co visto e prace dando onte pola asemblea xeral onde a Comisión de Admisión de Cidades expuxo as súas conclusións.  Dende a Red de Juderías valoran o legado xudeu que Tui atesoura no que destacan os  Sambenitos, pezas únicas en Europa, atopados na Catedral de Tui. Tamén a presenza da casa de Salomón na rúa Canicou, única na súa tipoloxía en Galicia, cun patio central arredor do que se distribúe a vivenda, xunto á menorá gravada na pedra do claustro catedralicio, que testemuña a relación existente entre a comunidade xudía e a cristiá.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explicaba que Tui entra así nun grupo de cidades moi selectas en canto a patrimonio, o que “pon a Tui noutra división a efectos de promoción turística e patrimonial, e recoñecemento da importancia patrimonial e histórica que ten a cidade”. Engadía que isto pode redundar na dinamización da economía de Tui con xeración de emprego e investimento, e pode ser quen de xerar investimento privado para a rehabilitación patrimonial.

Coa entrada de Tui na Red de Juderías avanzaba o alcalde que se deseñará un programa de actuacións encamiñados a cumprimentar os requisitos de pertencer á Rede e para aproveitar  o potencial que representa, cun bo traballo de recuperación do patrimonio. Precisamente o Plan Director de Turismo, arestora en redacción, terá xa en conta esta pertenza á Red de Juderías de España.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
286SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies