spot_img
InicioBaixo MiñoTui é xa membro de pleno dereito da Red de Juderías de...

Tui é xa membro de pleno dereito da Red de Juderías de España

Tui é xa membro de pleno dereito da Red de Juderías de EspañaO municipio poderá optar a fondos para a promoción do patrimonio xudeu

Tui é dende onte membro de pleno dereito da Red de Juderías de España. Na 52ª asemblea desta entidade, celebrada esta tarde en Hervás, formalizouse a incorporación de catro novas cidades: Tui, Béjar, Sagunto e Lorca. Con este paso complétase o proceso de admisión de novas  entidades que comezou o ano pasado coa presentación de candidaturas que foi resolta no mes de maio.

Na asemblea de onte o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, como representante do Concello de Tui nesta asemblea,  deu conta do patrimonio tudense vinculado aos xudeus coma os Sambenitos ou as marcas criptoxudías.  Laureano Alonso cualificou o encontro de “experiencia moi enriquecedora e positiva”, destacando o impulso de promoción do patrimonio xudeu que supón formar parte desta Red de Juderías de España integrada por 22 municipios .

O responsable tudense de Turismo, quixo destacar tamén o feito de que a rede destina o 20% do seu orzamento a proxectos vinculados coa posta en valor do legado xudeu, uns fondos aos que Tui poderá dende agora optar presentando proxectos en ámbitos coma a música, a cultura, a gastronomía,…

Hoxe amais estableceuse un primeiro contacto entre Tui con Monforte e Ribadavia para poder plantexar actividades conxuntas dos tres municipios galegos integrados na rede.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.