spot_img
InicioBaixo MiñoTui e a Embaixada de España en Australia colaboran para divulgar a...

Tui e a Embaixada de España en Australia colaboran para divulgar a figura e obra de Rosendo Salvado

tui-e-a-embaixada-de-espana-en-australia-colaboran-para-divulgar-a-figura-e-obra-de-rosendo-salvado

O Concello de Tui colabora coa Embaixada de España en Australia para divulgar a figura e obra de Rosendo Salvado

O Concello de Tui prosegue a realizar distintas iniciativas para dar a coñecer a figura e a obra do tudense Rosendo Salvado. Nesta liña de actuacións está a colaboración establecida coa Embaixada de España en Canberra e a ANU School os Music que organiza o programa “De Rosendo a Rosendo” en Australia.

Trátase dun evento no que ao través da música se traza unha liña entre o rockeiro Rosendo Mercado,e o bispo tudense Rosendo Salvado. Precisamente no marco deste ciclo están os concertos que a pianista tudense Andrea González ofrecerá este sábado na abadía de Nova Nursia, fundada no seu día por Rosendo Salvado, e o 1 de abril na universidade Canberra interpretando composicións do bispo tudense.

 

- Publicidade -spot_img