Inicio Baixo Miño 130 anos da histórica inauguración da Ponte Internacional sobre o río Miño...

130 anos da histórica inauguración da Ponte Internacional sobre o río Miño unindo as cidades de Tui e Valença

Ponte Tui.jpg2

O 25 de marzo de 1886 marcou un antes e un despois nas relacións a unha e outra beira do Miño coa inauguración da Ponte Internacional que dende entón une a Tui e a Valença, a España e a Portugal. As locomotoras Alfonso XII e Valença trasladaron, naquela xornada chuviosa, ás autoridades ao medio da ponte para os saúdos de rigor.

Hoxe en día os galegos e portugueses imos dun país a outro sen ningún tipo de barreira que nos faga visible que atravesamos unha fronteira internacional, pero ata fai relativamente pouco isto non era así, sobre todo na fronteira occidental onde o río Miño deixaba clara a división entre os habitantes das dúas beiras. Antes da construción das novas pontes internacionais, a entrada en Portugal facíase cruzando o río a través da ponte internacional de Tui ou nos vellos transbordadores (como os de Goián, Salvaterra ou Caminha, este aínda en funcionamento) con controis de pasaportes, barreiras e ata rexistros dos coches en busca de azucre, café, leite ou manteis, sobre todo na antiga ponte internacional construído entre Tui e Valença do Minho, símbolo da unión (e desunión) entre Galicia e o norte de Portugal durante máis de 100 anos.

comillasA pesar de que existe a lenda de que se trata dun deseño de Gustave Eiffel ou dun dos seus discípulos, a ponte foi deseñado polo enxeñeiro e deputado rioxano Pelayo Mancebo e Ágreda, sendo inaugurado oficialmente o 25 de marzo de 1886, case un ano e medio despois da súa entrada en servizo.

130-anos-da-historica-inauguracion-da-ponte-internacional-sobre-o-rio-mino-unindo-as-cidades-de-tui-e-valenca

Esta ponte conta xa 130 anos e  moita historia ás súas costas: o seu deseño atribúeselle popularmente a Gustave Eiffel, pero nada máis lonxe da realidade, entre outras cousas porque o enxeñeiro francés estaba a traballar no deseño da Estación Central de Santiago de Chile (a Estación Alameda) cando se acabou a construción da ponte en 1884. Pero aínda que a ponte non sexa obra de Eiffel, si que é evidente a súa influencia no deseño, xa que el puxo de moda as construcións de metal en todo o mundo a finais do século XIX.

A iniciativa de construír a Ponte Internacional de Tui xurdiu como consecuencia dunha Real Orde de Isabel II, de data 1º de agosto de 1864, pola cal se nomeaba unha comisión que estudase a ligazón das liñas de ferrocarrís españolas coas portuguesas.

O seu deseño encargouse ao enxeñeiro rioxano Pelayo Mancebo e a firma belga Braine-lle-Compte foi a adxudicataria das obras. Durante os anos precedentes á súa construción realizáronse diversos deseños e discutíronse todos os detalles, que foron seguidos moi de preto pola sociedade galega a través da prensa ao ver na nova ponte unha gran oportunidade de crecemento económico grazas á unión da rexión coas grandes cidades portuguesas.

O deseño final contemplaba un gran soporte de celosía de vigas continuas de gran altura, rotuladas, que soportan dous taboleiros ou pasarelas: o superior estableceuse para o paso do ferrocarril e o inferior destinouse ao tránsito carretero de entón, hoxe tránsito rodado, habilitando neste taboleiro dúas pasarelas laterais para o paso de peóns. A ponte foi dotado de luz eléctrica dous anos despois da súa inauguración en 1886. O custo da súa construción ascendeu a 1.259.143 pesetas, que se repartiron os gobernos español e portugués: a España correspondeulle o pago de 637.434,86 pesetas e a Portugal as 621.708,14 pesetas restantes, converténdose así en propiedade dos dous países.

130-anos-da-historica-inauguracion-da-ponte-internacional-sobre-o-rio-mino-unindo-as-cidades-de-tui-e-valenca

Como dato curioso, sinalar que o goberno español acordou a construción dun forte preto do río con capacidade para 200 soldados, cuxa principal misión sería voar a ponte se houbese necesidade en caso de guerra con Portugal, e establecendo para iso hornillos de mina no marxe norte da ponte.

Aínda que a construción da ponte acabouse en 1884, a súa inauguración realizouse o 25 de marzo de 1886, tras case dous anos de probas e problemas (durante 1885 desatouse unha epidemia de cólera en España que obrigou a pechar a fronteira ata 1886).

Era un día chuvioso cando as locomotoras Alfonso XII e Valença atopáronse en metade da ponte ante a atenta mirada de máis de 8.000 persoas das dúas beiras, que foron chegando en trens especiais durante os 4 días anteriores á inauguración.

Este momento foi recollido polo Faro de Vigo da seguinte maneira: ‘Pouco despois das nove da mañá os convois avanzaban ata atoparse en metade da ponte e darse o beijo as locomotivas, unidas durante uns minutos polos parachoques frontais mentres a multitude apiñada a unha e outra beira contestaba con entusiasmo a aqueles vivas e axitaban os chapeus e panos producindo un efecto moi sorprendente, contemplado desde o centro da fermosa construción que se achaba engalanada con milleiros de bandeiras’.A vella Ponte Internacional volverá a ser o escenario do Festival IKFEM

 

 

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies