spot_img
InicioBaixo MiñoTui despide o 2016 este venres cun concerto de fin de ano...

Tui despide o 2016 este venres cun concerto de fin de ano na Praza de Frómista

Praza-Fromista-Tui

Tui acolle este venres un novo espectáculo musical, o derradeiro do 2016, para despedir o ano nun ambiente festivo e de celebración.  A Praza de Frómista acollerá a partir das 20:00 horas o concerto de fin de ano, con entrada de balde, no que participará o grupo Mistura Vocal e o jazzista Javier Marcos. O evento está organizado pola Asociación Cultural Betún en colaboración Concello de Tui a través das concellerías de Ensino, Cultura e Patrimonio.

tui-despide-o-2016-este-venres-cun-concerto-de-fin-de-ano-na-praza-de-fromista

A música comezará a soar ás 20:00 coa ambientación musical de Nigga, que os asistentes poderán acompañar con petiscos, bebidas e chocolate quente.  Tras a previa musical, chegará a quenda do coro Mistura Vocal dirixido pola tudense Aloia Martínez, que participou o pasado venres no concerto de presentación da Orquestra Sinfónica de Tui. Os 40 músicos procedentes de todo o sur da provincia de Pontevedra interpretarán un repertorio de Nadal con diferentes sorpresas nun concerto no que se busca a proximidade e implicación do público. O coro ten os seus comezos en 2014 cando fixo a súa presentación oficial en Tui no mes de decembro.  Ao longo dos últimos anos viu facendo diferentes concertos na súa aposta pola música actual composta por autores galegos.

A continuación, será a quenda do jazz feito en Galicia de Javier Marcos con jazz clásico, estándar e bossa nova.  O seu jazz refinado e sutil estará acompañado á guitarra por Felipe Villar e ao contrabaixo por José Manuel Diaz.

O jazzista vigués Javier Marcos é unha das grandes voces do jazz feito en Galicia que destaca pola súa voz persoal que pode pasar por un crooner clásico ou o cool jazz máis intimista.  Participou en grupos como Desvigheitors, Baio Ensemble, MMJazz ou Meninos Carentes, entre outros.  Agora, co seu primeiro álbum en solitario, Ten Dez,  presenta diferentes temas en inglés e galego-portugués en formación de quinteto con Rosolino Marinello, Felipe Villar, José Manuel Diaz e Max Gómez.

Restricións no aparcamento e na circulación

Lémbrase aos veciños e veciñas que para permitir a celebración do evento e garantir a seguridade dos asistentes, non estará permitido o estacionamento na Praza de Frómista dende ás 13:00 horas do venres 30 de decembro. Asemade, a rúa Cuenca permanecerá pechada á circulación dende ás 19:00 horas do venres até a 1:00 da madrugada do sábado.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.