spot_img
InicioBaixo MiñoTui convida a celebrar o Entroido na casa e compartilo nas redes...

Tui convida a celebrar o Entroido na casa e compartilo nas redes sociais

Tui convida a celebrar o Entroido na casa e compartilo nas redes sociaisEste ano debido á situación de pandemia non haberá actividades presenciais para a celebración do Entroido en Tui. Dende o Concello de Tui convídase á veciñanza a celebrar este festexo tradicional na casa e compartir as fotografías nas redes sociais.  Deste xeito dende o Concello quérese manter viva esta celebración aínda que teña que ser na casa coas persoas convivintes. É por iso que se convida a fotografarse disfrazado e compartir as imaxes nas redes sociais coa etiqueta #EntroidoTui.

Do mesmo xeito dende o Concello de Tui quérese tamén lembrar o que foron até o de agora as celebracións do Entroido e por iso se convida a compartir tamén fotografías de anos pasados. Dende o Concello de Tui quérese amosar amais o agradecemento a todas as comparsas que cada ano participaban no desfile concurso de Entroido que tiña lugar na cidade, agardando o próximo ano poder retomar esta actividade.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.