Inicio Pontevedra Baixo Miño Tui conmemora o Día Internacional da Muller con diversas actividades

Tui conmemora o Día Internacional da Muller con diversas actividades

Tui prepara varias actividades para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, organizadas dende a concellería de Servizos Sociais.

Por unha banda 250 alumnos e alumnas dos institutos San Paio e Indalecio Pérez Tizón están a participar nos obradoiros “Nin bombeiros, nin enfermeiras” sobre esta data que imparte a técnica do Servizo de Prevención do propio concello e que se estende ao longo da varias semanas.

Por outra parte de xeito simbólico a Área Panorámica iluminarase de lila na noite do xoves 7 ao venres 8 de marzo, ao tempo que se colocarán pancartas conmemorativas na fachada deste edificio e tamén da casa do concello.

Amais para visibilizar esta data o comercio local repartirá o propio venres 8 dúas mil bolsas conmemorativas. Os comercios que desexen participar deberán recoller as bolsas o mércores 6 e o xoves 7 no departamento de Servizos Sociais na casa do concello, onde lles serán entregados tamén un globos lila, cos que poderán decorar os seus escaparates, sinalando así a colaboración na campaña.

Por último o venres 8 ás 12.30 h na praza do Concello está convocada unha concentración, e será lido un manifesto conmemorativo deste Día Internacional da Muller a cargo da directora do CRA Mestra Clara Torres, Teresa Domínguez.  

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

32FansGóstame
260SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies