Inicio Baixo Miño “Tui, Capital do Camiño Portugués”, arte e deseño únense na nova guía...

“Tui, Capital do Camiño Portugués”, arte e deseño únense na nova guía da ruta xacobea

Tui_nova _guía_xacobeo“Tui, Capital do Camiño Portugués” é o título da nova guía da ruta xacobea ao seu polo municipio tudense que vén de editar o Concello de Tui.

Trátase dunha guía visual realizada polo artista local Andrés Lamas que recolle o percorrido do Camiño dende a vella Ponte Internacional até a Ponte de Orbenlle.

Este novo material promocional foi presentado na Oficina de Turismo polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, e o autor Andrés Lamas.

“Tui, Capital do Camiño Portugués”, arte e deseño únense na nova guía da ruta xacobea

O alcalde, Enrique Cabaleiro, salientou o singular deste traballo realizado sobre o Camiño Portugués no municipio, destacando amais o feito de ser realizado por un artista tudense, co que se promocionan todas as potencialidades locais dende o patrimonio ás profesionais como neste caso con artistas tudenses.

Foi realizada polo artista tudense Andrés Lamas. Editaranse 2 mil exemplares

O concelleiro de Turismo e Camiño de Santiago, Laureano Alonso, explicou as característica da guía impresa en cartón, pregable e facilmente gardable no peto da que se publicarán 2 mil exemplares que estarán dispoñibles tanto na Oficina de Turismo coma nos albergues e hoteis cando reabran as súas portas. Recolle amais un oco para ser selado ben na propia oficina ou no establecemento hostaleiro onde se aloxe a persoa que realiza o Camiño.

Tui_nova _guía_xacobeo

Andrés Lamas, que conta cunha longa traxectoria profesional de deseño, explicou o meticuloso traballo realizado cun rotring 0.05 co que debuxo con puntos toda o mapa visual da ruta xacobea tudense, destacando aqueles lugares onde os peregrinos e peregrinas poden ter dúbidas sobre por onde continuar. Pero amais na outra cara da guía recolle algúns dos elementos patrimoniais do camiño  coma a Catedral, a igrexa de San Domingos, o cruceiro de San Bartolomeu ou a ponte romana da Veiga.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies