spot_img
InicioBaixo MiñoTui acollerá por quinto ano cosecutivo unha proba do Open de España...

Tui acollerá por quinto ano cosecutivo unha proba do Open de España de Enduro

tui-acollera-por-quinto-ano-cosec-utivounha-proba-do-open-de-espana-de-enduro

Os días 21 e 22 de maio dispútase en Tui e Valença a segunda proba do Open de España de Enduro Cannondale Big Ride Powered By Rotor.

A cidade de Tui por 5º ano consecutivo, acollerá unha proba do Open de España de Enduro e na edición do 2015 uníuselle Valença para formar a Big Ride Eurocidade. O Monte Aloia en Tui considerado un dos grandes paraísos para a práctica do mountain bike en Galicia e o Monte Faro en Valença, acollerán os días 21 e 22 de maio aos mellores deportistas de enduro do momento tanto a nivel nacional como internacional.

A lenda do enduro en btt, o francés Karim Amour estará na Big Ride Eurocidade

O gran foco de atención nesta edición estará na presenza do francés Karim Amour unha lenda viva do enduro internacional que foi 3 veces Campión do Campionato Europeo de Enduro, 4 veces Campión da Copa de Francia de Enduro, e 2 veces Gañador do Roc d?Azur, e virá acompañado por todo o equipo BH Gravity Team, o portugués Ze Manel Borges corredor que o podemos ver nas Series Mundiais de Enduro e o tamén francés Dimitri Tordo.

Tamén confirmaron a súa presenza nesta Big Ride Eurocidade, o actual campión do Open de España de Enduro, o alicantico Jacobo Santana e os galegos Toni Pérez e o tudense Rubén Rodríguez e actual líder do Open Galego de Enduro.

No apartado feminino destacamos a presenza do pódium 2015 coa estoniana Maaris Meier e as españolas Marketa Michalkova e Judith Viana e acompañadas pola vencedora en Vila de Ojén e a actual líder do Open de España de Enduro a malagueña de Cannondale Miriam Alcántara.
CONTACTO:

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.