spot_img
InicioVal MiñorNigránGala de entrega 'Premios Nigrán 2016'

Gala de entrega ‘Premios Nigrán 2016’

Premios Nigrán 2016

O xa consolidado acto institucional pretende ser un recoñecemento público de todo o pobo de Nigrán á traxectoria dos premiados. 

O auditorio municipal de Nigrán encheuse este sábado para aplaudir os méritos da histórica pirotecnia Argimiro Alborés, o deportista José Ignacio “Nacho” Fernández, do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor, o IES Val Miñor e a Tapería Jose, cuxa contribución nos ámbitos social, deportivo, cultural, educativo e empresarial foi recollido nos vídeos sobre os protagonistas e que precedían cada unha das entregas.

Todos os premiados recibiron ademais dun diploma acreditativo, unha obra do escultor nigranés Juan Coruxo, que tamén recibiu unha merecida homenaxe durante a gala.

O galardón dos Premios Nigrán 2016 é unha peza exclusiva creada en aceiro para a ocasión que toma como inspiración o movemento das ondas para formar a “N” de Nigrán.

Nigrán elixe por unanimidade os cinco galardonados aos ‘Premios Nigrán 2016’

- Publicidade -spot_img