spot_img
InicioBaixo MiñoTui acolle a primeira concentración da selección galega de remo olímpico do...

Tui acolle a primeira concentración da selección galega de remo olímpico do 2023

Dous-remeiros-Club-Remo-Miño-Tui-Seta-concentrados-Equipo-Nacional-Remo-OlímpicoEste sábado estarán en Tui 40 remeiros e remeiras das categorias cadete e xuvenil

Cousas de revista nº16

Mañá sábado, 28 de xaneiro, a Federación Galega de Remo, en colaboración co Club Remo do Miño, organizará en Tui a primeira concentración da selección galega de remo olímpico neste ano 2023. Na mesma participarán un total de 40 remeiros e remeiras, das categorías cadete e xuvenil, pertencentes a 11 clubs galegos. Esta concentración ten como obxectivo a formación dos equipos que participarán no Campionato de España de autonomías, que se celebrará en Castrelo do Miño, o próximo mes de febreiro.

Pero esta non será a única concentración que realizará en Tui a Federación Galega de Remo, dado que en próximas datas, adestrarán nas instalacións municipais os equipos feminino e masculino da categoría absoluta, contando nesa concentración coa presenza dos deportistas internacionais do  Club Remo do Miño, Rodrigo Conde e Carlota González.

Este ano 2023 vai ser moi importante para estes dous remeiros, dado que é ano preolímpico, onde buscarán a clasificación para os Xogos Olímpicos de Francia 2024.

Estas concentracións reflicten as magníficas condicións que hai en Tui, no referido ás instalacións deportivas municipais de remo e piragüismo, coma da lámina de auga do río Miño a seu paso por Tui, así como o gran traballo que veñen realizando os clubs deportivos.

- Publicidade -spot_img