spot_img
InicioBaixo MiñoTui acolle a presentación do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”

Tui acolle a presentación do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”

Tui acolle a presentación do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”O proxecto ten como obxectivo impulsar rutas turísticas por España e Portugal baseadas nos traxectos empregados polo pobo xudeu na súa expulsión no ano 1492

Cousas de revista nº16

Tui acolleu onte a presentación do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”, na sala Félix Rodríguez do edificio Francisco Sánchez. Esta presentación foi un foro aberto para contrastar opinións, debater a proposta e comezar a traballar conxuntamente para sacar adiante o proxecto. Tui coma cidade membro da Red de Juderías acolleu este evento organizado en colaboración coa propia Red de Juderías e dos outros dous municipios galegos que forma parte desta asociación coma son Monforte de Lemos e Ribadavia.

No acto de presentación estiveron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o alcalde de Monforte de Lemos e presidente da Red de Juderías de España, José Tomé Roca; a alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez; a xerente da Red de Juderías de España, Marta Puig; a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias; e o vicepresidente da Cámara de Ponte de Lima, Paulo Jorge da Cunha, entre outras personalidades.

Tui acolle a presentación en Galicia e Norte do Portugal do proxecto “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”

Walter Wasercier é un dos promotores deste proxecto, quen é vicepresidente da Cámara de Comercio Hispano-Israelí e ex director para a Península Ibérica de EI-AI. Na presentación desta mañá, Wasercier resumía o obxectivo de “Kaminos: de Sefarad al nuevo mundo”, que é “unir ambos lados da fronteira entre España e Portugal en torno á expulsión e traxectos emprendidos polo pobo sefardí”.

A idea parte de establecer rutas turísticas, tanto en España como en Portugal, baseadas nos traxectos emprendidos polo pobo xudeu tras a súa expulsión de España, no ano 1492. A proposta que pasaría por Tui sería a chamada “Ruta Bet”, que partiría dende Monforte de Lemos, pasando por Ourense, Ribadavia, Tui, Valença, Caminha, Viana do Castelo, Ponte de Lima, Braga, Guimarães, Vila do Conde finalizaría en Porto.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, lembrou que “dende que Tui se adheriu á Rede de Juderías no ano 2019, impulsou proxectos como este que hoxe se presenta na nosa cidade”. Pola súa parte o alcalde de Monforte de Lemos e presidente da Red de Juderías de España, José Tomé Roca, agradecía hoxe “o compromiso de Tui como cidade membro” e destacou o seu desexo de que proxectos como este “saian adiante”.

- Publicidade -spot_img